miércoles, 23 de octubre de 2019

Sala Gurugú Presenta a Titeres Alacran en "Soños na Gaiola " de Manuel Maria Sabado 26 octubre ás 18,30

Sala Gurugú
Presenta a 
Titeres Alacran 
en 
"Soños na Gaiola "
de Manuel Maria 

Sabado 26 octubre ás 18,30 


O titiriteiro chega á vila cunha gaiola cargada de soños. Acompáñao o poeta Manuel María transformado en monicreque. Manuel María quere que o titiriteiro represente os poemas que el escribiu para divertir aos nenos e nenas galegos. Para facelo, o titiriteiro pídelle aos integrantes do público que sopren forte para lle axudaren a facer nacer a Alicia, a nena protagonista desta historia
Alicia vivirá unha serie de fantásticas aventuras na súa viaxe por un mundo que lle resulta exótico, estraño, e mesmo imcomprensible. Ao comezo da súa andaina, Alicia tópase co Río Miño, que ten présa por realizar a importante misión que lle foi encomendada: atravesar Galicia antes de chegar ao mar. Pola confusión do nome, O Río Miño intenta atravesar a Alicia, mais ela acláralle que para ser Galicia faríllea falta un G que non ten.
A partir deste momento, e subida no pequeno Barco de Xoguete Voador, Alicia intentará axudar o Río Miño a encontrares a esa Galicia que tanto busca.

No seu camiño atopará extravagantes seres como o Gaiteiro Soñador, o Muíño Triste, os Labregos Xemelgos ou o Galo Gai, e toda unha galería de personaxes marabillosos e sorprendentes que lle irán dando pistas sobre Galicia.

 Títeres Alakrán
Público: infantil, xuvenil e familiar
Duración: 50 minutos
Dirección e dramaturxia: Roi Vidal Ponte



No hay comentarios:

Publicar un comentario