jueves, 3 de octubre de 2019

Festival Internacional de Titeres da Coruña GALICREQUES 2019 Sala Gurugú – A Coruña


Festival Internacional de Titeres da Coruña GALICREQUES 2019
Sala Gurugú – A Coruña


Sábado 12 de Outubro – 18:30 h
TEATRO PIEDRA LIBRE + PÈS INCHADOS (Arxentina):
Caminito entre cartas– Todos os públicos

Título do espectáculo: Caminito entre cartas
Nome da compañía
: Teatro Piedra Libre + Pès Inchados
Idades recomendadas: todos os públicos

Duración: 45 minutos
Técnica: obxectos, variñas, máscaras e actriz
Idioma: castelán

Sinopse:
Un paquete moi especial chegou para contar unha historia de amor, unha historia de pobo, unha historia entre cartas.
Caminito entre cartas…, con ritmo de valseciño, fai un percorrido que nace coa entrega dun paquete, que leva dentro a historia de amor do carteiro Jorge e de María… e aquela transformación que sucedeu entre os habitantes do pobo.


Domingo 13 de Outubro – 12:30 h
Mad Compass (Francia-Italia-Galicia): “El Barrendero” y “Los Limpiabotas” - A partir de 6 anos


Título do espectáculo: El barrendero
Nome da compañía
: Mad Compass
Idades recomendadas: a partir de 6 anos
Duración: 25 minutosTécnica: bunraku e manipulación de obxecto
Idioma: sen textoSinopse: O varredor invisible, entre baldosa e baldosa, lixo e lixo, pasa a súa escoba. Unha danza de pasos finos e precisos que nos deixan ver a esquecida virtude do que desempeña un traballo anónimo. Aínda hai algo de poesía entre os restos, os plásticos e as latas da rúa que, aos poucos, van avanzando.




Título do espectáculo: Los limpiabotas
Nome da compañía: Mad Compass

Idades recomendadas: a partir de 6 anos
Duración: 30 minutosTécnica: Media máscara. Teatro do movemento
Idioma: sen texto
Sinopse:
Nino & Mambrú, os irmáns limpabotas.
Vide ver aos últimos do seu gremio.
Vide ver a súa técnica fina, milenaria.
Vide ver e a ter á vosa mercé a estes dous servos dos zapatos do pobo.
Que o fagan ben ou mal, xa é outro cantar, pero vide. Vide velos!


Venres 18 de Outubro – 18:30 h
LA PELELA TÍTERES (Arxentina): “Vairoleto, pechito libertario”
- Público xuvenil e adulto, a partir de 13 anos


Título do espectáculo: Vairoleto, pechito libertario
Nome da compañía
: La Pelela Títeres
Idades recomendadas: público xuvenil e adulto, a partir de 13 anos
Duración: 60 minutosTécnica: luva, actor e música en vivo
Idioma: castelán
Sinopse: Cos elementos do radioteatro, o circo criollo, os monicreques de luva e a música en vivo constrúese unha mirada da vida do bandido rural arxentino, Juan Bautista Vairoleto. Vairoleto é un gaucho libre da pampa que, canso de tanta inxustiza, enfrontarase ao cobizoso Banqueiro Manganaro, que roubou bancos e banquetas deixando ao pobo de parado, privado do descanso.


Sábado 19 de Outubro – 18:30 h
NELLA FERREZ (Arxentina): “La Caperucita” - Todos os públicos
Título do espectáculo: La Caperucita

Nome da compañía: Nella Ferrez
Idades recomendadas: todos os públicos
Duración: 50 minutosTécnica: luvas
Idioma: castelán
Sinopse: Todo parece transcorrer coma sempre: a mamá de Carapuchiña pídelle que vaia a casa da súa avoa... ata que irrompe na historia o lobiño Juan, fillo do Lobo feroz, quen a pesar das leccións do seu pai non logra ser o temible lobo que habita no bosque. E por se isto fose pouco, goza da compañía e a tenrura dunha avoa que o espera para lerlle historias e dunha nena, Carapuchiña Vermella, a quen se supón debe devorar e de quen se acaba facendo moi bo amigo




Domingo 20 de Outubro – 12:30 h
TÍTERES LARDEROS (Castilla La Mancha): “Pelos, misión bolsa y paso” – De 3 a 9 anos


Título do espectáculo: Pelos, misión bolsa y paso
Nome da compañía
: Títeres Larderos
Idades recomendadas: de 3 a 9 anos
Duración: 55 minutos
Técnica: luvas
Idioma: castelán
Sinopse: Pelos recibe a misión de entregar unha bolsa de diñeiro que lle deu o señor Churripito para que leve á súa muller Mari Castaña, que se quedou sen diñeiro. Aquí empeza a nova aventura do gran Pelos. Poderá levar a bolsa a Mari Castaña intacta? Non te perdas a aventura de Pelos, con Antonio "o Chori" esperando en calquera esquina a que a fortuna lle sorría. Desaparece o Paso de Semana Santa e piden un rescate para devolvelo. A Semana Santa está preto e o Paso ten que saír. Conseguirá Pelos atopar o Paso? Risas e emoción están aseguradas ata o final da historia.

atención a la programación escolar .
contacto 616701099

No hay comentarios:

Publicar un comentario