sábado, 1 de abril de 2023

Sala Gurugú presenta MOZAS NAS REDES 7 14 21 E 28 ABRIL ás 20.00 h.

 

Sala Gurugú

presenta 

MOZAS NAS REDES 

7 14 21 E 28 ABRIL ás 20.00 h.


 


Adjuntosjue, 2 nov, 14:07 (hace 10 días)


Un espectáculo teatral unipersoal onde a actriz incorpora a catro mozas adolescentes de diferentes estratos sociais, con diferentes aptitudes académicas e con distintas situacións familiares. Cada unha delas vai presentando como foi o momento en que foron forzadas a facer algo que non querían. Todas falan polo seu móbil, polo ordenador e tratan de atopar e distinguir cales son os seus espazos de conflito así como os lugares de confort. Todas relaciónanse con figuras masculinas que aparecen como voces en off para que só vexamos as dificultades ás quesos sometidas as mozas nas redes. Intercalada con cada episodio preséntase unha TikToker quen, usando o baile e a música pegadiza, vai divulgando palabras claves que debemos rexeitar ou engadir nas nosas comunicacións online .Utilizando un sinxelo método de pegar cartelas en biombos deseñados para soportar estas cartelas informativas consistentes en palabras únicas. Reproducindo, deste xeito analóxico o modo en que presentan as divulgadoras nos novos medios de comunicación. Estíbaliz Veiga navega na dramaturxia de Bernardino Martínez baixo a dirección de Xosé Leis presentando un espectáculo unipersoal onde se expoñen os camiños e fases do Grooming. Tomando como partida esta conduta delituosa de acosos en redes sociais, a actriz incorpora unha sucesión de situacións onde diferentes rapazas foron caendo nas teas de araña de acosadores na rede. . Unha sucesión de episodios onde a actriz muda de personaxe, facendo a trama de cada unha das acosadas .