martes, 17 de mayo de 2022

Sala Gurugu presenta Títeres Brincadeira Obra: “Onde viven os monstros” domingo 22 de maio, 12:30 e 18:00 A PARTIR DE 3 AÑOS

                                                                                           

 

PRESENTA

 

                                Compañía: Títeres Brincadeira

Obra: “Onde viven os monstros” 

 

domingo 22 de maio, 12:30 e 18:00

 

                                                A PARTIR DE 3 AÑOS  

 


Idades: A partir de 3 anos

Duración: 50 minutos

Sinopse:

Onde viven os monstros”. Adaptación para monicreques do clásico de Maurice Sendak.


Max é un neno que ten un día rebelde. É castigado a irse á súa habitación e de súpeto ve como as paredes desaparecen e o seu cuarto pasa a converterse no mundo enteiro. Max atopa un barco co seu nome, que aparece ancorado nunha praia, e navega nel ata o lugar onde viven os monstros. Como el é o máis terrible de todos eles, os monstros noméano o seu rei.

Max ordena que comece a “Festa Monstro”, pero máis tarde dáse conta de que quere regresar á súa casa. Os monstros queren impedilo, xa que están encantados con el, pero Max está decidido. O neno abandona o lugar onde viven os monstros e regresa á súa habitación, quítase a carapucha de monstro, e a rabia e o enfado quedan atrás.


Nesta historia, chea de humor e diversión, Max crea na súa habitación un mundo imaxinario onde é libre. Libre mesmo para ser monstro, o máis monstro de todos. Na súa aventura, desafía aos seus propios medos, a frustración, a rabia, a incomprensión ou o temor ao rexeitamento. Finalmente, atopar en falta o amor da súa nai faino regresar a casa e comprende que sempre hay que respectar aos demais.


A obra está dirixida a nenas e nenos a partir de 3 anos e vai acompañada de pequenos contos monstruosos: "O monstro de cores", de Anna Llenas, e “Monstros na comida”, de Carmen Domech.

 

 

 Reservas en :salagurugu@gmail.com o wap 616701099

 

lunes, 9 de mayo de 2022

SALA GURUGU PRESENTA titeres cachirulo Xurásico Perdido: domingo 15 d maio, 12:00 e 18:00 Público: Familiar, infantil ,juvenil a partir de 5 años.

 

 

 

PRESENTA 

A

 titeres cachirulo

 

Xurásico Perdido:

 

domingo 15 d maio, 12:00 e 18:00

 

Público: Familiar, infantiljuvenil a partir de 5 años.  

 





 

 

 

Volven os dinosauros aos nosos días! Monifates de gran tamaño desenvolven unha aventura singular e trepidante. O malvado Katraska e os seus malfeitores queren apoderarse dun misterioso ovo descuberto na Patagonia Arxentina. Ariadna e o profesor Florentino Ameghino loitarán por protexer a Xuri, un dinosauro moi peculiar que se mantivo oculto aos ollos do mundo a través dun curioso dispositivo evolutivo antropolóxico. Música en directo, cancións. Unha comedia de enredo e misterio espectacular. Premio do público ao mellor espectáculo infantil Galicreques 2021.

   

 

Titeres Larei Lara

Xeado de Lúa:

 


A PARTIR DE 2 AÑOS 

 

 


 

 SINOPSE :


Unha noite de lúa chea,
cando un feixe de estreliñas bailaban a muñeira,
un rato moi pequeno e distraído,
ollando a lúa quedou durmido.
O señor gato contemplaba
o mesmo redondo prato
e como este suxería comida,
mirou para o rato con moita alegría.


FICHA ARTÍSTICA

  • Elenco artístico: Carmen Domech e Jorge Rey
  • Autor: Jorge Rey
  • Dirección: Jorge Rey
  • Escenografía: Títeres Cachirulo
  • Deseño de iluminación: Títeres Cachirulo
  • Marionetas e vestiario: Carmen Domech

FICHA TÉCNICA

  • Público: a partir de 2 anos
  • Duración: 55 minutos
  • Técnica: títeres de mesa

 Reservas en :salagurugu@gmail.com o wap 616701099