jueves, 16 de diciembre de 2021

SALA GURUGU PRESENTA TEATRO DO NOROESTE CO ESPECTACULO INFANTIL ANIMAIS DE COMPAÑÍA • 27, 28, e 29 de decembro do 2021, ás 18:30 hora


 SALA GURUGU 

PRESENTA 

TEATRO DO NOROESTE 

CO ESPECTACULO INFANTIL

 ANIMAIS DE COMPAÑÍA • 

 27, 28, e 29 de decembro do 2021, ás 18:30 horas.

 

Reservas en salagurugu@gmail.com

whatsapp: 616701099

 

 


Animais de Compañía é un espectáculo para público familiar e escolar dende 6 anos. 
Unha comedia musical
 en forma de fábula, que vai conquistar aos máis pequenos da casa mentres viven un proceso de aprendizaxe de valores éticos.

SINOPSE: Animais de compañía é unha fábula moderna sobre as relacións humanas e o respecto ás diferenzas. A igualdade é un valor ético de grande importancia. •

 REPARTO: Imma António (01.- Actriz, papel de cadela Fedra) • Manuela Varela (02.- Actriz, papel de gata Maxa) DIRECCION Eduardo Alonso

 

 

  • RESUMO: 
    Nunha terraza dun piso alto da cidade, desde a que se divisan os tellados dos demais edificios, unha cadela, Fedra, agarda a chegada da súa ama, Rebeca. Fai xa bastante tempo que Rebeca marchou e aínda non ten regresado. Fedra está preocupada que cada son que escoita, coida que é Rebeca regresando e chama por ela, leda, pero de seguido dáse conta que foi unha falsa alarma. A verdade é que Rebeca nunca ten tardado tanto en regresar. Mentres agarda, Fedra cóntanos que ela foi recollida por Rebeca dun refuxio de animais. Realmente, até que apareceu Rebeca na súa vida, a vida de Fedra foi un ir de refuxio en refuxio e dun dono a outro sen parada. Fedra sempre estivo acollida pola protectora de animais. Conta como foi o día que, estando no refuxio, apareceu Rebeca á procura dunha mascota e todas as habilidades que Fedra desenvolveu para conseguir que Rebeca se fixara nela e a acollera. Fedra canta unha canción explicando as súas habilidades. Mentres isto acontece aparece polo muro da terraza Maxa. Maxa é unha gata que vive ceibe nos tellados da cidade e, algunhas veces, aparece pola terraza de Fedra, para desespero desta que non quere intrusos nos seus dominios. Rebeca tamén tenlle un comedeiro de comida de gata a Maxa na terraza para que poida comer cando lle pete. Isto da pe a Fedra para discutir con Maxa sobre se Rebeca e dona das dúas ou non. Para Fedra, que é unha cadela, é bo ter dono xa que os cans deben telo, Para Maxa, non. Ela di que unha gata de tellado non ten que ter dono e que, en calquera caso, ela non o ten. Obsérvanse as diferenzas de pensamento entre as dúas. Claramente non pensan igual. Maxa canta unha canción indicando que ela é da rúa, unha gata ceibe sen dono. Tamén Maxa cóntalle a Fedra que ven de durmir a sesta na pola dunha arbore, unha cerdeira. A cerdeira de Alberte Viches que está plantada nunha horta da rúa das Hortas e que existe grazas á teimosía do veciño Alberte Vilches que conseguiu, con paciencia e teimosía, que agromara unha cerdeira onde parecía imposible. Contando isto, Maxa baixa do muro e entra na terraza, pero Fedra non lle deixa pasar, entende que está para defender o territorio, e o seu territorio é a terraza, de xeito que non debe deixar entrar nel a ninguén. Isto serve para que entre as dúas debatan sobre os territorios e as diferenzas entre quen os habita e quen, por necesidade, ten que entrar neles. Esta discusión entre gata e cadela amplíase nunha cantiga que elas cantan a xeito de regueifa expresando as súas diferenzas. Ao remate resolven que defender un territorio non é non deixar pasar ou entrar nel, defender un territorio é coidalo, limpalo e regarlle as flores e as plantas e telo sempre fermoso e ben presentado.
  •  
  •  

    Reservas en salagurugu@gmail.com

    whatsapp: 616701099

 

 SALA GURUGU 

PRESENTA 

 

 ELAHOOD | Compañía de danza

Miercoles 22 DE DECEMBRO (Día do espectáculo)

1º pase - 13h
2º pase - 20h

 CANCELADO POR MOTIVOS MEDICOS


“Teño algo importante que dicir pero aínda non sei o que é” esta frase sitúase como punto de partida da nova creación da compañía Elahood. Unha proposta de danzas urbanas baixo unha mirada de creación contemporánea en co-produción co Centro Coreográfico Galego | Agadic.  

O proxecto  lanza unha mensaxe contradictoria e anima aos públicos a descifrala por elxs mesmxs. Mentres a compañía afirma “non ter nada importante que dicir”, na súa peza vense mensaxes rotundas que atenden ás necesidades e carencias da situación socio-económica actual. A precaridade laboral, a identidade de xénero ou as novas tecnoloxías, son algunhas das temáticas polas que transita a peza, unha dramaturxia que se achega aos discursos que ocupan o debate actual, anticipando unha ruptura cunhas formas de facer preestablecidas. 

O espectáculo conta coa estética máis característica da compañía, unha danza precisa, limpa e extremadamente coordinada que atende a unha musicalidade concreta. A compañía continúa a súa aposta particular por unha linguaxe visual e coidada, que neste espectáculo abraza a presenza do texto, a voz e a ironía. 

Onde reside a importancia do importante? 

Debemos subirnos a un escenario sempre coa resposabilidade de defender un discurso? 


 é un collage que parte da intuición más naif de dúas mulleres galegas que se rinden a ter que ser importantes. Unha proposta escénica contemporánea que invita á reflexión colectiva das preocupacións actuais. 
 
SINOPSE


Teño algo importante que dicir pero aínda non sei o que é.
 
 
Las  Reservas se solicitan en la compañia

 

sábado, 4 de diciembre de 2021

Sala Gurugú presenta Katarsis Domingo 12 de diciembre ás 12.30 e ás 18,00 cuentos en ingles

 

                                        Sala Gurugú

                                            presenta

                                           Katarsis


                              ATENCION

Por motivos medicos dun membro da compañia se suspende o espectáculo

                                          

Domingo 12 de diciembre ás 12.30 h e ás 18,00 h.

                                                en

            cuenta cuentos dramatizado en castellano e ingles



THE RUBBISH MOUND

LA MONTAÑA DE BASURA


A MONTAÑA DE LIXO




Una poética historia con parte musical sobre el reciclaje y el medioambiente, que se aleja de demagogies y mostrando el impacto negative que tienen nuestras acciones en la naturaleza y para los animales.


Para público familiar, recomendado para edades de entre 3 y 9 años. 


El espectáculo es adaptable a cualquier espacio y tiene versatilidad de montaje, haciéndolo una experiencia teatral o como complemento de una sesión educativa en el aula.


Una historia original de Matilda Rose con ilustraciones de Eduardo Canalejo, “The Rubbish Mound” ha sido publicado con materiales reciclados en inglés y castellano, a la espera de la edición en gallego que está a punto de salir.


La puesta en escena incorpora elementos multimedia sencillos donde uno de los protagonistas aparece a través de una pantalla que interacciona con las dos actrices en escena. 


DURACIÓN: 30 minutos

EN ESCENA: Matilda Rose, María Martínez.

EN PANTALLA: Kevin Stewart

DIRECCIÓN: Kevin Stewart

ADAPTACIÓN A GUIÓN: Matilda Rose, María Martínez, Kevin Stewart, 

Carolina Ramos y Angélica Ramírez.

PUESTA EN ESCENA COLABORATIVA 

con Carolina Ramos y Angélica Ramírez

MÚSICA ORIGINAL: Eduardo Canalejo. 


Reservas en salagurugu@gmail.com

whatsapp: 616701099


lunes, 25 de octubre de 2021

sala gurugu presenta de MOving Compass

sala gurugu

 presenta

the  Moving Compassen 

en 

 TACAÔ

Pases escolares 

27,28 y 29 de Octubre ás 12,30 




 

Adaptación para la sala Gurugú.

Mawala, un adolescente descubriendo su identidad, su persona, su cuerpo. No obstante, lo que siente sobre si mismo no corresponde a los valores que le intenta inculcar su familia y su entorno: virilidad, masculinidad yheteronorma. Frente a los prejuicios, al bullying y a la humillación, Mawala busca liberarse de las cadenas que le imponen.
 Adaptado a partir del cuento "Sapatos de tacão alto" del autor mozambiqueño Mia Couto, Tacão representa una oda a la libertad. Libertad de los cuerpos, de la orientación sexual, libertad en la identidad y expresión del género.
Libertad de ser uno mismo. Cómo liberarse del peso de las normas sociales y del desprecio a la diferencia ? Cómo liberarse de la máscara que intentan moldearnos?
 

 O COLOQUIO 

A proposta consta de duas partes: 

1) A representación da obra ante o  alumnado do centro (30 min). 

2) Coloquio co alumnado (40 min). 

Para este punto de encontro cos estudantes  Iria Docampo 

a compañía conta ca psicóloga Iria Docampo,  a cal guiará o coloquio xunto ca compañía. 

Reflexionar xuntos sobre os temas tratados  

Reflexionar xuntos 

na obra é o noso obxectivo. Buscamos xerar  un espazo onde o alumnado poida  abordar estas cuestións. 

 

 

Sala Gurugú

 presenta

Títeres Brincadeira     presenta:

"A carteira  de  Augasc1aras"

de Carmen   Domech

31 de octubre ás 12.30 h. e 18,30 horas 


 

 

De 4 a 11 anos. 50 minutos.

sinopse:

Dende o pobo de Augasclaras, chega a carteira para repartir o correo aos nenos e nenas que están na biblioteca.

É unha correspondencia  moi  especial;  unha  carta  é de  Clementina, a tartaruga sen cuncha que viaxa ceibe polo mundo.

Tamén hai unha rapaza que, para gustarlle ao seu gran amor, vaise desfacendo de aspectos persoais como a forma de peitear os seus cabelos ou o feito de estar sempre a cantaruxar.

Finalmente  dáse conta  e  pensa "eu vou comigo" e decide  ser  ela  mesma  a risco de non

gustarlle ao seu amor.