miércoles, 16 de octubre de 2019

sala gurugu Festival Internacional de Titeres da Coruña GALICREQUES 2019

Festival Internacional de Titeres da Coruña GALICREQUES 2019
Sala Gurugú – A Coruña
continuamos ca programación 







Venres 18 de Outubro – 18:30 h
LA PELELA TÍTERES (Arxentina)“Vairoleto, pechito libertario”
- Público xuvenil e adulto, a partir de 13 anos


Título do espectáculo: Vairoleto, pechito libertario
Nome da compañía
La Pelela Títeres
Idades recomendadas: público xuvenil e adulto, a partir de 13 anos
Duración: 60 minutosTécnica: luva, actor e música en vivo
Idioma: castelán
Sinopse: Cos elementos do radioteatro, o circo criollo, os monicreques de luva e a música en vivo constrúese unha mirada da vida do bandido rural arxentino, Juan Bautista Vairoleto. Vairoleto é un gaucho libre da pampa que, canso de tanta inxustiza, enfrontarase ao cobizoso Banqueiro Manganaro, que roubou bancos e banquetas deixando ao pobo de parado, privado do descanso.


Sábado 19 de Outubro – 18:30 h
NELLA FERREZ (Arxentina)“La Caperucita” - Todos os públicos
Título do espectáculo: La Caperucita

Nome da compañía: Nella Ferrez
Idades recomendadas: todos os públicos
Duración: 50 minutosTécnica: luvas
Idioma: castelán
Sinopse: Todo parece transcorrer coma sempre: a mamá de Carapuchiña pídelle que vaia a casa da súa avoa... ata que irrompe na historia o lobiño Juan, fillo do Lobo feroz, quen a pesar das leccións do seu pai non logra ser o temible lobo que habita no bosque. E por se isto fose pouco, goza da compañía e a tenrura dunha avoa que o espera para lerlle historias e dunha nena, Carapuchiña Vermella, a quen se supón debe devorar e de quen se acaba facendo moi bo amigo




Domingo 20 de Outubro – 12:30 h
TÍTERES LARDEROS (Castilla La Mancha): “Pelos, misión bolsa y paso” – De 3 a 9 anos


Título do espectáculo: Pelos, misión bolsa y paso
Nome da compañía
: Títeres Larderos
Idades recomendadas: de 3 a 9 anos
Duración: 55 minutos
Técnica: luvas
Idioma: castelán
Sinopse: Pelos recibe a misión de entregar unha bolsa de diñeiro que lle deu o señor Churripito para que leve á súa muller Mari Castaña, que se quedou sen diñeiro. Aquí empeza a nova aventura do gran Pelos. Poderá levar a bolsa a Mari Castaña intacta? Non te perdas a aventura de Pelos, con Antonio "o Chori" esperando en calquera esquina a que a fortuna lle sorría. Desaparece o Paso de Semana Santa e piden un rescate para devolvelo. A Semana Santa está preto e o Paso ten que saír. Conseguirá Pelos atopar o Paso? Risas e emoción están aseguradas ata o final da historia.

atención a la programación escolar .
contacto 616701099

No hay comentarios:

Publicar un comentario