martes, 1 de junio de 2021

Sala Gurugu Presenta a compañia en residencia Pedras de Carton En Fuciones escolares para el CFP Tomas Barros Jueves 3 ás 18,00 h. Viernes 4 ás 12,00 h. e ás 18,00 h. co espectaculo Quixote

 Sala Gurugu 

Presenta 

a compañia en residencia  

Pedras de Carton

En Fuciones escolares para el CFP  Tomas Barros 

Jueves 3 ás 18,00 h.

Viernes 4 ás 12,00 h. e ás 18,00 h.

co espectaculo  

 QUIXOTE é o segundo espectáculo de Pedras de Cartón. Esta vez afrontamos o texto de Cervantes, un dos máis coñecidos da literatura española, contado en clave de comedia.Cunha estética inspirada no pallaso clásico (moi ao estilo Fellini) e en clave de clown, afrontamos as escenas máis icónicas da novela, da relación antagónica entre Quixote e o seu fiel escudeiro Sancho. A montaxe, pode realizarse en Sala, en rúa e incluso realizarase unha adaptación para accións de rúa / pasarúas. En canto aos elementos escénicos, contamos cunha proposta que evoca o circo clásico. Un Velocípedo no que vai montado Quixote é o noso Rocinante, e un triciclo no que vai montado Sancho é o peculiar Rucio, o asno de Sancho Panza. Os dous elementos están fabricados por un artesán coruñés e feitos a medida para o espectáculo. Rocinante é delgado, branco e elegante. Rucio un asno cargado de maletas (neste caso o triciclo vai cargado de vellas maletas de madeira). Ao fondo xogamos cuns paneis de madeira que representan diferentes figuras xeométricas que combinan listóns de madeira e teas de raias con aire castelán.

 

 

 Nota.-A reserva nos espectaculos e requisito para ordenar o aforo coa sua distancia de seguridade .No caso de quedar algunha entrada libre se podera adquirir na Taquilla .