lunes, 24 de octubre de 2016

Sala Gurugú presenta a Trinke Trinke con Viaxe pola Galicia Encantada Sábado 29-10-2016 ás 18,30 h Domingo 30-10-2016 ás 12,30 h

Sala Gurugú

presenta 
a
Trinke Trinke 
con 
outra aventura de ........

Os ratos de lonxedetodo

"Viaxe pola Galicia Encantada "

  • Sábado 29-10-2016 ás 18,30 h
  • Domingo 30-10-2016 ás 12,30 h
  • Duración:45 min
  • Público :Infantil +4

Os Ratos de Lonxedetodo aproveitaron o verán para coñecer algúns dos lugares máis máxicos e misteriosos de Galicia



lunes, 17 de octubre de 2016

Sala Gurugú presenta Elefante Elegante Xigante sabado 22 18,30 domingo 23 12,30


  •   Sala Gurugú
  • presenta
  • Elefante Elegante
  • Xigante
sabado Octubre día 22  ,18,30 h.

domingo Octubre día  23 ,12,30 h.





  •  Duración :45 min
  •   Infantil 3 - 8 anos
  • sinopse


Hai moito, moito tempo, nun reino distante, un home decidiu facer unha viaxe. Camiñou, camiñou, camiñou... ata que atopou un xardín marabilloso e ali se quedou. Pero certo día apareceu un xigante que quería o xardín só para él. O home seguiu a súa viaxe en busca de outro lugar.
No xardín do xigante era sempre inverno, ata que as persoas conseguiron subir o muro e entrar no xadín. Con elas entrou a Primavera! Mais o home que procuraba un lugar escapara do xigante antes que chegara a Primavera. Camiñou, camiñou, camiñou ata que atopou unha árbore moi especial. Das súas polas nacian follas, flores, froitos... e libros! Moitos libros! Colleu un e leuno con afán. Contaba a historia de...
O XIGANTE é unha historia na que conviven o cómico e o poético; a forza da palabra e a elocuencia do xesto; a plasticidade da manipulación dos obxectos e a evolución do dispositivo escenográfico.



martes, 11 de octubre de 2016

Sala Gurugú 15 e 16 de Octubre Xarope Tulú Contos de bruídos e miañares



Sala Gurugú

Presenta 
Xarope Tulú  

"Contos de bruídos e miañares"

15 ás 18,30  e 16 ás 12,30 de Octubre


Público Infantil 2 a 12 anos

Contan as avoas, sabedoras do murmurio, que as bestas muxían abondo, bruaban seguido e mesmo miañaban cando quedaban sen sentido. Rinchar non escoitaran, ruxir nunca ouviran porque naquel territorio poucas feras vivían. Sen embargo, miña tía, que fora viaxada dicía que de nova bruídos escoitara.

Entre sons e ruídos pasabamos a tarde. Contabamos historias e riamos de balde.


Xarope Tulú é unha compañía de recente creación adicada ás artes escénicas para pequenas e pequenos, que procura a estimulación nas primeiras etapas da vida a, onde a mente e o corpo están atentos e perceptivos a todo tipo de estímulos


Teatro / Outros
Duración 45 min
Público Infantil 2 a 12 anos

lunes, 3 de octubre de 2016

Sala Gurugu CARAMUXO TEATRO Galicia Redondo “ Estrea no festival” Sábado 8 outubro 18,30 h./ Domingo 9 de outubro/ 12,30 h. E 18,30 h.

Sala Gurugú

 Informa 

lo que estábamos esperando 

Un nuevo espectáculo de Caramuxo Teatro, compañía  colaboradora con  la sala desde sus inicios.
Cierra el "IV Festival de Títeres da Coruña" e inicia el  curso de la  programación Familiar

Informa

o que estábamos agardando

Un novo espectáculo de Caramuxo Teatro, compañía colaboradora coa sala dende os seus inicios.
Pecha o " IV Festivla de Títeres da Coruña" e inicia o curso da Programación Familiar.

CARAMUXO TEATRO Galicia 

Redondo 

“ Estrea no festival”

Sábado 8 outubro 18,30 h./
Domingo 9 de outubro/ 12,30 h. e 18,30 h. 

idades de 1 a 4 anos 
aforo limitado a 60 Persoas
reservas en salagurugu@gmail.com


Texto promocional:

"CIRCULO" É UN ESPECTÁCULO PARA A PRIMEIRA INFANCIA QUE XOGA COAS FORMAS.

A MR. ROUND ENCÁNTANLLE TODOS AQUELES OBXECTOS REDONDOS, OS MÁIS CURIOSOS OBXECTOS CON FORMA DE CIRCUNFERENCIA, OBXECTOS QUE AGOCHAN DENTRO DUN FEIXE DE HISTORIAS QUE QUEDAN POR DESCUBRIR...


Prezo da actividade 
Unha participación 6 €
Bono de tres 15 €