miércoles, 31 de diciembre de 2014

A Sala Gurugú lles desexa Feliz Ano 2015

 

A Sala Gurugú 

lles desexa

Feliz Ano 2015


 Nos Proximos días anunciaremos a nova programacion do primeiro semestre do 2015 ata moi pronto .....


martes, 16 de diciembre de 2014

Sala Gurugu Presenta a Nelson Quinteiro en "Papiroflexias" 20 e 21 de Nadal


Sala Gurugu 

Presenta 
a
Nelson Quinteiro 
en 

PAPIROFLEXIAS. O Asteroide de papel!

Da man de Nelson Quinteiro  e inspirado no libro “O Principiño” de Antonie Saint-Exùpery chega “Papiroflexias”, unha montaxe de teatro musical infantil e con música ao vivo no que a conciencia ecolóxica, o teatro de obxectos, a danza con pinceladas de baile tradicional galego e a papiroflexia mestúranse nun espectáculo de 50 minutos de duracións  concebido para nenos e nenas de 5 a 12 anos no que as bolas, paxariñas, cañóns de confetti, avións de papel ou comecocos xigantes dan ritmo e narración a un relato  transfondo ecolóxico.
SIPNOSE:
Máis alá das estrelas... e onde os telescopios non dan chegado case a mirar existe un pequeno asteroide onde todo é de papel.
Os habitantes deste planeta dano en chamar PAPIROFLEXIAS, aínda que aquí, na Terra, é máis coñecido como Asteriode B 614.
O seus pequenos habitante, dous principiños chamados Julius e Augustus teñen un grande corazón, tamén de papel.
Guiados por unha bandada de grullas de papel percorren moitos planetas ata chegar ó planeta Terra, onde descubren que aqui, para facer papel hai que talar árbores. 
É entón que emprenderán unha viaxe por vilas, pobos e cidades co obxectivo de transmitir ós máis cativos unha importante mensaxe:
Aproveitar ó máximo o uso do papel, Reducir, Reciclar, Reutilizar, e o que é máis importante: XOGAR!

Obra/Espectáculo: PAPIROFLEXIAS!
Autor: Nelson Quinteiro - Koldobika Gomila
Dirección: Nelson Quinteiro - Ademar Silvoso
Escenografía: Nelson Quinteiro - Ademar Silvoso
Deseño iluminación: Nelson Quinteiro
Vestiario: Nelson Quinteiro - Ademar Silvoso
Coreografía: Nelson Quinteiro, Iván Villar e Ademar Silvoso
Espectáculo en lingua galega: Si
Outros idiomas: Castelán e Inglés
Elenco artístico: Ademar Silvoso (Julius) e Nelson Quinteiro (Augustus)

para nenos e nenas de 5 a 12 anos
Sábado 20 de decembro: A CORUÑA. Sala Gurugú. ESTREA  ás 18,30 Horas 
Domingo 21 de decembro: A CORUÑA. Sala Gurugú.ás 18,30 Horas




viernes, 12 de diciembre de 2014

Sala Gurugu CONTOS DE SOBREMESA OS CONTOS DE PABLISIMO Sabado 13 Domingo 14


Sala Gurugu 

   CONTOS DE SOBREMESA

 OS CONTOS DE PABLISIMO 

Sabado 13 Domingo 14 ás 18,30 Horas






¡E incrible a cantidade de histórias que collen enriba dunha mesa!



As conversas máis interesantes, os segredos máis ocultos,as anécdotas máis divertidas adoitan contarse...sobre unha mesa.


  CoNTOS DE SOBREMESA é un espectáculo de narración oral, teatro de obxectos e bonecos baseado en contos, fábulas, retahílas, contos de nunca rematar e cantinelas.

DURACIÓN: 40 min
IDADES RECOMENDADAS: 4-9 anos

OS CONTOS DE PABLISIMO é una cía. especializada en contacontos, teatro de animación á lectura e teatro infantil. Os seus espectáculos de pequeño e mediano formato toman sempre como base a literatura infantil (contos clásicos,contemporáneos e de creación propia) a Tradición Oral e o Teatro.
Fundada no ano 2001, leva producidos máis de 20 espectáculos misturando neles monicreques, música en vivo,teatro de sombras, video,narración oral,etc
Son sesións adaptables a calquera espazo e destinadas a rapaces de 4 a 9 anos.











lunes, 1 de diciembre de 2014

Sala Gurugu teatro en familia con para bebes (GLUB GLUB ) de Caramuxo Teatro 6 Y 7 de Nadal ás 5.30 y 6.30.

Sala Gurugu 

Presenta a

 Caramuxo Teatro en 

GLUB GLUB 

teatro en familia para bebes de Caramuxo Teatro

 6 Y 7 de Nadal  ás 5.30 y 6.30.  (dos pases Dia )





Un espectáculo para bebés de 6 meses a 3 anos.
Caramuxo teatro presenta o primeiro espectáculo de teatro para bebés que se realizou en Galicia. Unha montaxe para nenos de 6 meses a 3 anos acompañados por adultos. Glub, glub conta a historia da amizade entre un barquiño de papel afundido no fondo do mar e un peixe xoguetón. Unha montaxe chea de estímulos e cunha linguaxe sinxela, case xestual que introduce ós máis novos nunha aventura fantástica e sorprendente. Unha oportunidade para disfrutar cos fillos da primeira viaxe polo mundo do teatro.

Duración: 30 minutos.