Sala Gurugu
Informa
Comenza a temporada de teatro en Familia
coa Cia
Teatro Da Semente
e o espectáculo
Grettel e Bela
Atención día e Horario
domingo 8 de Xaneiro ás 12,30 e ás 18,30
Gretel e Bela
Sinopse:
Gretel (personaxe extraída de Hansel e Gretel) e Bela (a
Bela Adormecida) atópanse e comezan unha viaxe.
Tras cruzar xuntas o bosque e chegar á cidade, as dúas amigas
pasarán por un tránsito que cambiará as súas vidas.
Grazas á súa coraxe e á forza da súa amizade conseguirán
acadar autonomía, liberdade e amor por elas mesmas.
Un cego e un moucho serán os seus compañeiros nesta súa
viaxe. Un deles intentará avisalas dos perigos que corren, o
outro será un obstáculo que terán que vencer para conseguiren
o seu obxectivo .
No espectáculo únense o teatro actoral, coa manipulación
de monicreques e obxectos, o traballo de máscara, o canto
e a música.
Texto: Baseado no orixinal de Manuel Lourenzo Gretel e Bela
Dirección: Raquel Queizás e Chus Álvarez
Actrices: Raquel Queizás (Gretel, Cego, Pita)
Chus Álvarez (Bela, Moucho)
Público: Familiar · recomendado +6 anos
Técnica: Teatro actoral e manipulación de
obxectos con pinceladas de canto e música
entradas 6 €
Bono familiar 3 entradas 15 €
Video promocional