jueves, 29 de noviembre de 2018

Sala Gurugu presenta a KATARSIS, Educación e Teatro S.L. BATHTIME 01-12-2018 sabado 18,30 02-12-2018 domingo 12,30 y 18,30 teatro para bebes Infantil 0-6

Sala Gurugu 
presenta a 

  •                                                         KATARSIS, Educación e Teatro S.L.
  • BATHTIME
01-12-2018 sabado  18,30 


 02-12-2018 domingo 12,30 y 18,30 

  • teatro para bebes Infantil 0-6

  • actores 
  • Kevin Stewart, Esibaliz Veiga
Fundada no ano 2006 KATARSIS exerce como ESCOLA E COMPAÑÍA ARTÍSTICA que produce, distribúe e representa espectáculos teatrais para público infantil e familiar. Asemesmo, ofrece a creación de proxectos de carácter teatral, fomentando a renovación pedagóxica a través do intercambio de ideas, necesidades e soños de profesionais da educación e artistas.



  • BATHTIME
Una interpretación chaplinesca con un toque de los años 20.
Mancharse con chocolate puedes ser divirtido y la hora del baño serlo aun mas.
Dos amigos, chocolate, una bañera y musica original, son los ingidientes de esta puesta en escena.


info 616701099
reservas :salagurugu@gmail.com

jueves, 22 de noviembre de 2018

Sala Gurugú Presenta a Trinke Trinke "OS Ratos de Lonxedetodo" Contos de Perrault Sábado 24 Noviembre ás 12,30h. e ás 18,30 h. Xan Perillán e a biblioteca Maxica de Os Monicreques de Kukas



Sala Gurugú

Presenta 
a
Trinke Trinke 

"OS Ratos de Lonxedetodo"


Contos de Perrault

Contos: O Gato con Botas, en Contos completos de Charles Perrault . 
Cincento. Versión propia e igualitaria do conto de Perrault.


Sábado 24 Noviembre  ás 12,30h. e ás 18,30 h.







sinopse 

Charles Perrault foi un autor e compilador francés de contos que están no imaxinario de todos nós: A Carapuchiña Vermella, A Cincenta, A Bela Dormente, Polgariño… Así e todo, cómpre revisar a obra deste escritor do século XVII desde a perspectiva do XXI, en especial aqueles contos que perpetúan unha visión machista da sociedade. Contos: O Gato con Botas, en Contos completos de Charles Perrault . 2002: Vigo : Xerais. Cincento. Versión propia e igualitaria do conto de Perrault.


Trinketrinke fai animación á lectura desde o teatro. Os conductores das actividades para nenos-as de 3 a 8 anos son uns personaxes fantásticos: os Ratos da Biblioteca, que proceden dun lugar chamado Lonxedetodo, onde os libros e a lectura ocupan un lugar sobranceiro na vida da comunidade. Os nosos obxectivos son promover a lectura, espertar o gusto pola literatura, estimular a sensibilidade, a imaxinación, a creatividade e o espírito crítico dos nenos-as a través da narración dos contos e, singularmente, dos distintos xeitos de contalos. Ratos de Biblioteca: Especie de ratos que viven na aldea de Lonxedetodo. Cada certo tempo viaxan ata algunha Biblioteca para se comunicaren cos humanos, tentar contaxiarlles aos nenos e nenas o seu gusto pola lectura e coller contos prestados.


Sala Gurugu

 Presenta 

Comienza a programación familiar co espectáculo 
Xan Perillán e a biblioteca Maxica
de Os Monicreques de Kukas 

Domingo 25 Noviembre    12,30 e 18,30 H.



ž Orixinal recital dramatizado do polifacético artista Marcelino de Santiago (Kukas) que a través de recursos como a pintura en directo,  a posta en escena con marionetas e a maxia presenta varios poemas do libro DE TREBELLOS, PERELLOS E FEDELLOS do que é autor e ilustrador

ž Nesta ocasión Xan Perillán vai centrar a súa atención nos máis pequenos, crianzas a partires dos tres anos ata os doce anos animando a uns a coñecer e utilizar a lingua galega e a coñecer verbas en desusos, a outros incentivalos e animalos á lectura e os mais a valorar, coñecer e gozar da poesía.


ž Recomendada a todos os públicos e crianzas a partires dos tres anos.


Domingo 25 Noviembre  



Reservas en salagurugu@gmail.com
Información 616701099



lunes, 19 de noviembre de 2018

SALA GURUGU 4º SEMANA FESTIVAL ESCENA MULLER cLAUSURA

SALA GURUGU 

FESTIVAL ESCENA MULLER



Bos días

fem 2018 , Festival escena muller, chega á  última semana da súa 2ª edición. Un Festival en feminino organizado pola Asociación EXEMPLA e financiado polo programa #CulturaDeBarrio do Concello da Coruña.

Esta semana conta coa presenza dalgunhas das mais novas e veteranas representantes da acción en feminino da cidae (gañadora de Gran hermano 09, poetisas e performers, creadora plástica) , unha semana coas seguintes accións : 


EXPOSICIÓN : MARIBEL VALDIVIESO

Exposición fotografica no hall da Sala  

Artista multidisciplinar que dende a súa mirada amósanos como o obxecto cobra vida para facernos sentir a historia que viviu . A súa formación autodidacta e en todas as disciplinas plásticas converten a Maribel Valdivieso nunha desas grandes artistas que  son invisibles para o espectador convencional.

Clausura: Dia  | 211Novembro        Hora | 20:00    Lugar | Sala Gurugú (Agra Orzán 3)



EN COMÚN : JUDIT IGLESIAS

Socióloga, sexóloga, escritora, guionista e presentadora (ademais de gañadora do Gran Hermano 9) 

A súa análise da sexualidade e sociedade será o eixo sobre o que exporá  unha análise social en feminino

Día | 22 Novembro        Hora | 20:00        Lugar | Sala Gurugú




ESCENA :  ALDAOLADO  “Con 10 poemas por barba”

 O dúo, formado por Lucía Aldao e María Lado, ofrece un recital no que se mezclarán  poesía,  comedia e música en directo.
'Con dez poemas por barba'pretende chamar a atención de quen mira a poesía de reollo. Porque para Lucía Aldao e María Lado a lectura de poesía non pode ser algo que durma ao espectador. Partindo deste presuposto Aldao e Lado presentan un recital de poesía ameno , dotado de ritmo e comunicación aberta co espectador, no que este adquire ademáis un papel activo.

Direccion e Intérpretes:         Lucia Aldao  e Maria Lado

Dia | 23 de Novembro    Hora | 21:00    Lugar | Sala Gurugú (Agra Orzán 3)

FEM contou con exposición fotografica, mostra audiovisual e espectáculos , coa presenza de fotografas, literatas, actrices e creadora audiovisual introducindo os seus traballos e explicando as súas derivas. Onde as artes escénicas, audiovisuais e literarias fan presente a mirada feminina para o espectador . Exporá a mirada e os atrancos das mulleres nunha sociedade masculina, na procura de concienciar nun camiño cara a igualdade.


ENTRADA GRATUITA  
INVITACIONES :SALAGURUGU@GMAIL.COM

lunes, 12 de noviembre de 2018

Sala Gurugú presenta a Paco Nogueiras en Brinca Vai! (De aquí a acolá) sabado 17 ás 18,30 domingo 18 ás 12,30 e ás 18,30

Sala Gurugú 


presenta a
Paco Nogueiras

en 

  Brinca Vai! (De aquí a acolá)

 Sábado 17 ás 18,30 Domingo 18 ás 12,30 e ás 18,30  


  • Música infantil cos ritmos máis diversos (electrónica, pop, folk, reggae,rock,etc)
   Brinca Vai! (De aquí a acolá)
Brinca Vai! De aquí a acolá é un espectáculo baseado no libro-cd-dvd “Brinca Vai!”, editado por
Kalandraka Editora, no que se combinan cancións, animacións e interpretacións cos ritmos e
rexistros máis divertidos.
Acompañade ao músico e actor Paco Nogueiras cos seus instrumentos e a súa querida “Máquina
nunha divertidísima viaxe chea de humor, baile e cancións. As alegrías, as amizades, os libros, a
poesía, a ecoloxía, as festas do ano (o magosto, o samain, o entroido, o nadal) e o respecto á nosa
lingua serán parte da equipaxe. Unha fantástica oportunidade de brincar e pasalo ben cos amigos e
amigas nun particular camiño onde a música soa con forma de sorriso.
Brinca Vai! De aquí a acolá ,está deseñado para adaptarse a calquera espazo: escolas, bibliotecas,
auditorios, rúas, prazas, vilas, aldeas…. Viaxará alí onde alguén queira cantar, rir, bailar ou
simplemente escoitar coas mans e as orellas ben abertas!
* Idioma: Galego
* Público preferente: Infantil e familiar
* Xénero: Musical e comedia
*55 min
reservas salagurugu@gmail.com
info 616701099

martes, 6 de noviembre de 2018

Sala Gurugú presenta a Os Náufragos teatro Domingo 11 de Noviembre ás 12,30 e ás 18,30 en A ÁRBORE VERMELLA,



Sala  Gurugú 

presenta a 

Os Náufragos teatro

Domingo 11 de Noviembre ás 12,30 e
ás 18,30 
en



 A ÁRBORE VERMELLA,








A ÁRBORE VERMELLA

Unha proposta para a infancia      a partir de 5 anos        que fala das dificultades de moitas familias na súa economía e día a día, pero tamén da esperanza e do cambio.
​ ​

Unha peza de teatro social e educativo basada no 
​álbum ilustrado: A Árbore vermella.​







Á ARBORE VERMELLA
​ (espectáculo sen palabras)​

Martín non encontra mais recurso que pedir nas rúas. Martina, a súa filla non entende o que pasa, sofre a vida do seu pai e entranlle os medos, a tristeza e a desolación. Martín non sabe qué facer, espera unha chamada, algo que cambie o rumbo dos acontecementos. Cando todo parece que non ten solución, unha árbore vermella aparece na vida de ambos.



reservas en salagurugu@gmail.com
mais info 616701099