miércoles, 25 de marzo de 2015

teatro en familia vacaciones de semana santa



sala gurugu 

informa 

teatro en familia 

el ciclo familiar e infantil se va  vacaciones de semana santa
hasta el 11 de Abril que retomaremos el ciclo con un espectáculo para los mas pequeñitos .
Teatro para bebes de 6 meses a 4 años con la compañía...


 "Teatro do Miolo" y su espectáculo "4 tempos"

4  TEMPOS

 Teatro para bebes

 Espectáculo musical  para bebés de 6 meses a 4 anos.
 Durada: 30 Minutos

A actividade consta de dúas representacións consecutivas.

SINOPSE.
 Poético e divertido viaxe escénico a través das distintas estacións do ano. Espectáculo pensado para os mais pequenos a través de elementos moi sinxelos para que participen nos grandes cambios e transformacións  que se producen no inverno, outono, primavera e verán.


pasarlo bien y felices vacaciones

lunes, 23 de marzo de 2015

Sala Gurugu ciclo olladas teatrais Día 27 de marzo.-Inversa Teatro.- Marta Pérez.- “Fémina Sapiens”




CICLO PEQUENO FORMATO

“Olladas Teatrais”

Teatro en Feminino

Unha mostra que reflicte a ollada da muller nos diferentes ámbitos teatrais, con obras nas que as mulleres son Productoras, directoras, dramaturgas ou actrices.


Ao Final dos espectáculos habera un coloquio sobre a temática Muller e Creación Teatral


Día 27 de marzo
ás 20,30 Horas
presenta a


.-Inversa Teatro.- a Marta Pérez.- en “Fémina Sapiens”


Fémina Sapiens é un “sólo” teatral escrito e interpretado por Marta Pérez e dirixido por Carlos Álvarez-Ossorio onde se pon de manifesto a pregunta sobre se é posible a evolución en torno ao aspecto Sapiens- ou se, pola contra somos máis proclives á involución-
Fémina Sapiens é un personaxe que tenta buscar e analizar cal é o eslabón perdido entre a racionalidade e moralidade pasando polos estadios íntimos de violencia existentes en tres relacións fundamentais: a amizade, a familia e o amor.
Texto e Interpretación: Marta Pérez
Dirección: Carlos Álvarez-OssorioEscenografía e vestiario: Eufrasio Lucena-Muñoz.
Técnica: Laura Iturralde
Produción: Inversa Teatro
Espazo Sonoro: Ronett Studio.
Iluminación e audiovisual: Carlos Alvarez-Ossorio
Fotografía: Gus Abreu
Deseño Gráfico: María Rodriguez
Coa axuda de AGADIC

A asociación sociocultural das Artes Escénicas, EXEMPLA,  a Sala Gurugú de A Coruña e as compañías, Dantea Teatro e Teterella Teatro  oranizan do 20 de marzo ao 29 de mayo unha mostra teatral que reflicte a ollada da muller nos diferentes ámbitos teatrais, mediante a representación de obras nas que as mulleres participan de forma activa como directoras, dramaturgas ou actrices, como un xeito de reivindicar a presenza da muller nos diferentes ámbitos teatrais. 

Mais informacion da compañia en este enlace:









miércoles, 18 de marzo de 2015

Sala Gurugu Os Monicreques de Kukas en CONTOS DO VENTO ACATARRADO El Sábado 21 a la(s) 18:30 Domingo 22 a las 12,30



SALA GURUGU 
PRESENTAOs Monicreques de Kukas en 


CONTOS DO VENTO ACATARRADO

El Sábado a la(s) 18:30
domingo a las 12,30
Sala Gurugú en La Coruña



Un día que o vento estaba triste e acatarrado, pois o sol do mes de agosto andaba a mandar, –quentando de tal xeito que mais que quentar, queimaba -, o señor Don e a señora Dona dispoñíanse a xantar debaixo dun limoeiro, aproveitando a sombra que esta árbore lles regalaba...cando sentiron un xemido escachado...era o vento que se laiaba de dolor. Nun transo de febre, o vento que era tan vello coma o mundo, entre esbardalle e esbardalle, contoulles unhas historias tan incribles como estraña era a súa ciencia.

para nenos de :todolos públicos

Duracion: 45'


Mais información :







martes, 17 de marzo de 2015

CICLO PEQUEnO FORMATO “Olladas Teatrais” Teatro en Feminino


CICLO PEQUENO FORMATO


“Olladas Teatrais”




Teatro en Feminino

 

Unha mostra que reflicte a ollada da muller nos diferentes ámbitos teatrais, con obras nas que as mulleres son Productoras, directoras, dramaturgas ou actrices.

Ao Final dos espectáculos habera un coloquio sobre a temática Muller e Creación Teatral

A asociación sociocultural das Artes Escénicas, EXEMPLA,  a Sala Gurugú de A Coruña e as compañías, Dantea Teatro e Teterella Teatro  oranizan do 20 de marzo ao 29 de mayo unha mostra teatral que reflicte a ollada da muller nos diferentes ámbitos teatrais, mediante a representación de obras nas que as mulleres participan de forma activa como directoras, dramaturgas ou actrices, como un xeito de reivindicar a presenza da muller nos diferentes ámbitos teatrais. A relación de compañías e actores e actrice e a seguinte:
·          
Día 20 de marzo.- As fillas de Hamlet.- Noelia Papin.- “ O binóculo”

Día 27 de marzo.-Inversa Teatro.- Marta Pérez.- “Fémina Sapiens”

Día 17 de abril.- Nekane Fernádez.- “Yin”.- Dirixida por Nekane Fernández

Día 24 de abril.- i-Teatro.- “Facendo as Partixas”.- dirixida por Alejandro Albaiceta

Día 22 de mayo.- Espello Cóncavo.- “Historias de mulleres”.- dirixida por Lino Braxe.

Día 29 de mayo .- Berrobambam.-Nuria Sanz.- “Fadas, Bruxas, Pricesas e madrastras”  dirixido por Evaristo Calvo

 
Horario a partir de las 20.30 h

 https://www.facebook.com/events/587284044746371/

martes, 10 de marzo de 2015

Sala Gurugú presenta a títeres Falcatrúa en Linocho e a Lúa sábado 14 ás 18,30 e domingo 15 ás 12,30

Sala Gurugú

 presenta a

 títeres Falcatrúa en 


Linocho e a Lúa

sábado  14 ás 18,30 e domingo 15 ás 12,30



Érase unha vez un neno chamado Linocho que xogaba ledamente coa súa amiga Chiruca, cando de súpeto apareceu un verme xigante e birollo e... ¡zas! ¡Papoulle-lo seu globo! Linocho vai na súa percura para obrigala  a que lles dea un novo  globo e así cáseque sen decatar penetra no alucinante mundo da fantasía.

a partir de 4 anos 
duracion 45 minutos

lunes, 2 de marzo de 2015

Sala Gurugu presenta a Títeres Cachirulo en "Catro Contos de China" domingo 8 as 12,30 H. e 18,30 H

Sala Gurugu 

presenta a 

Títeres Cachirulo 
en 
"Catro Contos de China"

Domingo 8 as 12,30 H. e 18,30 H



Insólitas aventuras que nos descobren un cómico e divertido mundo, agochado moi preto de nós e cheo de inquedantes situacións. A natureza, a amizade, os disparates humanos… Aprendizaxes e xogos realizados coa maxia do títere chinés.
Bos amigos
O mono e mais o oso quérense divertir e parecen dispostos a facelo converténdose nos malabaristas da selva.
A porta chinesa
Pola porta da cidade pasan moitas personaxes levando e traendo cousas que, ás veces, son moi difíciles de transportar, o que poden xerar graciosas situacións.
A pequena cazadora
A pequena gatiña quere aprender a cazar un rato, pero non é tarefa fácil, sobre todo se non sabe como son eses animaliños.
Unha ponte na selva
Un terremoto crea un novo espazo, producindo desacougantes encontros entre os animais do lugar.
O espectáculo vai acompañado dunha pequena mostra de marionetas chinesas.


Duración50 min
Público Infantil a partir de 3 anos


Recortable Catro contos da China