miércoles, 14 de diciembre de 2022

SALA GURUGU PRESENTA TEATRO DO NOROESTE CO ESPECTACULO FAMILIAR "FEIRANTES " DO 27 AO 30 DE NADAL ÁS 18,30

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 SALA GURUGÚ
 
 PRESENTA A 
 
TEATRO DO NOROESTE 
 
EN 
FEIRANTES  
 
27,28,29,30 DE NADAL  
ÁS 18,30
 
 
  
 
 

TÍTULO: FEIRANTES AUTOR: Álvaro Cunqueiro. Adaptación teatral: Eduardo Alonso Realismo máxico galego en todo o seu esplendor. 

REPARTO: Imma António (01.- Actriz.) · 

Equipo Taetro (02.- Escenografía e indumentaria.) · Chefa Alonso (03.- 

Composición musical.) ·

 César Seijas (04.- Fotografía.) ·

 Eva Alonso (05.- Produción.) · 

Eduardo Alonso (06.-

 Deseño de iluminación e dirección.)

 


 

 RESUMO: “FEIRANTES” 

vIDEO ESPECTACULO :

https://youtu.be/7ei4VeeXd0k  

É un espectáculo teatral baseado nas narracións de Álvaro Cunqueiro recollidas no seu libro “OS OUTROS FEIRANTES”. Como se sabe, nestas narracións aparecen reflectidas as andainas de diversas e curiosas personaxes: aquel que falaba co seu cabalo; o outro ó que lle falaban as cousas: as cadeiras, as zocas, a culler, o seu propio estómago; aquela voadora de Serantes que voaba sentada nunha banqueta; aquel Tristán García que morreu de tristura porque non atopou a súa Isolda; aquel Novagildo Andión que recorría as feiras co seu autobús, transportando persoas e animais, que nalgúns casos ven sendo o mesmo; ou aquel que tiña un ollo de cristal, que como o oculista non tiña outro deulle un de segunda man cor violeta, que fora un encargo dunha viúva que morreu antes de disfrutalo, e tódalas mozas querían ter fillos con el para ver se herdaban esa fermosa cor de ollos; ou aquela Anxeliña de Prado que naceu anana, pero cunha habilidade, bordar panos con lendas para os velorios: “¡Adeus, padriños queridos!”, “¡Agárdovos a todos no ceo!”, “¡Deica volta, compañeiros!”, e cousas así. Todas estas tenras, máxicas e líricas personaxes aparecen reflectidas en “Feirantes” a través dun fío conductor, dun nexo común que as interrelaciona, e este nexo non podía ser outro, na vida dunhas personaxes tan fondamente galegas, que unha vaca, o animal totémico da cultura rural galega. Unha vaca, pois, pasa de man en man, de dono en dono, de feira en feira, e acompañándoa no seu recorrido vital tomamos coñecemento das andainas destas personaxes tan próximas á realidade máxica que caracteriza á cultura galega. Pero os días están contados para estas personaxes, para este fermoso animal. Ós poucos, todo o que significan vaise derrubando. As súas vidas perden o sentido que alentou nelas e, desorientados, atopan caladamente a súa fin. E no último intre pregúntanse a si mesmas cal foi o motivo, cal foi a razón que as levou a esa situación sen saída onde se atopan: ¿Quizais o seu xeito de ser?. ¿Será que a súa innata mansedume, o seu natural conforme levounas paseniño ata a súa fin? Un espectáculo sinxelo, feito desde o sorriso, desde a delicadeza, desde o amor, que procura buscar a relación directa, limpa, sen trampas, co espectador de hoxe e con tódolos públicos, e que inicia unha nova liña de traballo para Teatro do Noroeste, na adaptación de textos narrativos ó teatro, eses textos que expresan a esencia da nosa cultura. Un espectáculo homenaxe á vaca e ás estrañas e curiosas personaxes que aínda habitan moitos pobos de Galicia e tamén, porque non dicilo, un espectáculo homenaxe a Álvaro Cunqueiro.

lunes, 12 de diciembre de 2022

sala gurugu presenta O APALPADOR E O LADRON DE XOGETES de Titers Cachirulo 24 de Nadal ás 12,00

SALA GURUGU
 
 PRESENTA A
 
 TITERES CACHIRULO 
 

El Apalpador contra el ladrón de juguetes

Especial Nadal Espectáculos

 
23  24 DE NADAL ÁS 12,30

ESPECTÁCULO NAVIDEÑO

A partir de 3 años – 50 minutos

El Apalpador viene a visitarnos en compañía de todos sus amigos, con una nueva y divertida aventura!
El ladrón Pasmón roba todo lo que puede y ahora anda tras los juguetes de los niños y niñas del Courel… ¿quién lo impedirá?

Conoce esta trepidante continuación del espectáculo navideño

«La historia del Apalpador»

Descargar cartel: El Apalpador contra el ladrón de juguetes

El espectáculo tiene unos juguetes de papel para pasar un buen rato con el Apalpador y sus amiguitos.

Aquí puedes descargar 3 Juguetes de Papel: Divirtete facendo xoguetes de papel co Apalpador

Más juguetes de papel disponibles en el cuaderno completo «Divírtete facendo xoguetes de papel co Apalpador». Consultar precio de venta. http://brincadeiraedicions.wordpress.com/