martes, 27 de octubre de 2015

Sala Gurugu finde 31 de octubre y 1 de noviembre 2015


Sala Gurugu 

 Presenta 



Teatro do Miolo Producións S.C - 4 TEMPOS    
(teatro para Bebes)   
Data31-10-2015  dous pases 18.00 19.00.

4  TEMPOS

 Teatro para bebes

 Espectáculo musical  para bebés de 6 meses a 4 anos.
 Durada: 30 Minutos

A actividade consta de dúas representacións consecutivas.

SINOPSE.
 Poético e divertido viaxe escénico a través das distintas estacións do ano. Espectáculo pensado para os mais pequenos a través de elementos moi sinxelos para que participen nos grandes cambios e transformacións  que se producen no inverno, outono, primavera e verán.



Sala Gurugú
 Presenta 
  •                              Os Sete Magníficos + 1

Data 1-11-2015  dous pases 12.30 - 18.30.




As mellores historias son sempre as que están sen escribir, sen ler, sen contar. Aquelas nas que aínda está por crear o final, o inicio, a trama, as personaxes, ... Pero, sobre todo, as mellores historias son as que poden saír do maxín dos nenos e nenas.
Un espectáculo a medio camiño entre a maxia e o contacontos dirixido polo Premio María Casares Avelino González. A través da maxia e do clown contase a lenda de Brancaflor. Os 11 pretendentes de Brancaflor asócianse con cadanseu xogo de maxia e ela terá que seleccionar o seu namorado ao longo dunha hora de maxia, contos e humor para grandes e pequenos.
Os Sete Magníficos máis Un propoñen nesta ocasión un espectáculo de animación á lectura dun xeito distinto: a partir de sinxelos xogos de maxia, do clown, da participación do público e da marabillosa tradición narrativa galega.
A partir de textos de autores e autoras galegos/as; adaptados polo recoñecido actor, director e dramaturgo Avelino González; o noso protagonista intentará resolver a través de rutinas máxicas e da cooperación co público todos os impedimentos e probas que se lle presentan a Brancaflor durante a trama da historia.

info :616701099
coste de actividade :5 €

miércoles, 21 de octubre de 2015

A Sala Gurugú. presenta Trinketrinke Teatro “Os Ratos de Lonxedetodo”

A Sala Gurugú.

presenta 

Trinketrinke Teatro 

“Os Ratos de Lonxedetodo”

Trinke Trinke “Os ratos de lonxedetodo” Popderes Hipnóticos”

Data  24-10-2015 ás 18.30h

Data  25-10-2015 ás 12,30 h.

Edad : A Partir de 3 Años








Fuco é un rato de Biblioteca  coñecido por moitas xeracións de nenos coruñeses, que compartiron con el tardes e mais tardes de contos nas Bibliotecas Municipais coruñesas desde 1994 ata abril do 2015.
O teatro como estratexia educativa. Os Ratos da Biblioteca naceron na Coruña en  1991,co gallo do V Salón do Libro Infantil e Xuvenil, da mente creadora dun grupo formado por xóvenes mestras e actores. Estes simpáticos personaxes comezaron a percorrer as Bibliotecas e Escolas de Galicia, intentando contaxiar o seu gusto pola literatura aos nenos e ás súas familias. Arredor de 5.000 actuacións en 24 anos e máis de 300.000 espectadores cun elenco de “ratos” entre os que se atoparon actores e actrices da popularidade de Xosé  A. Touriñán, Pablo Sánchez “Pablísimo”, María Torres, Isa Risco, Juanillo Esteban, Maruxa Arias, David Pernas e Vanessa Rivas.

Os Ratos de Lonxedetodo inician o 24 e 25 de outubro unha nova etapa na Sala Gurugú do populoso barrio da  Agra do Orzán. O rato Fuco e a súa gran amiga Lilí Gruyére presentarán o contacontos teatral “Poderes Hipnóticos”.  Unha fin de semana ao mes, os ratos de Lonxedetodo seguirán visitando A Coruña.

Entrada 5 €  bono Familiar de 3    12€







miércoles, 14 de octubre de 2015

Programacion Octubre sala gurugu


Adelanto
Programacion Octubre 
Sala Gurugu.

A Xanela do Maxín - O murmurio do mar                                       Data11-10-2015


TITEREFICCIÓS - Chove¡ (Teatro para bebés)                       

 Data Sábado 17-10-2015 

Horario18.00 19.00

Duración 25 Minutos

edades :de 0 a 3 años 


"CHOVE"
  
O amparo dos paraugas, brincar nas pozas e charcos, o divertido da choiva... todo o que é causa dela e que tanto nos gusta: a herba, as árbores, flores, as hortas, alimentos, as paisaxes verdes, etc. Dúas personaxes que ensinan ao público con xogos, bailes e enredos que cantidade de cousas nos trae a choiva, antes e despois de que ela veña ou marche. En fin, referímonos á choiva positivamente e non a condenamos porque cando chove non podemos saír, xogar,....!!
 Espectáculo feito para a primeira infancia respectando os seus estímulos, tempos e xeitos de asimilación, duración e achegamento aos elementos empregados na representación.
Precio Unico : 5 €


Proximas actuaciones 



Trinke Trinke “Os ratos de lonxedetodo” Popderes Hipnóticos” Data  24-10-2015 ás 18.30h

Trinke Trinke “Os ratos de lonxedetodo”  Popderes Hipnóticos Data  25-10-2015 ás 12,30 h.

Teatro do Miolo Producións S.C - 4 TEMPOS    (teatro para Bebes)   Data31-10-2015 18.00 19.00.