Que pasaría se o lobo da Carrapuchiña se fixese vexetariano?
Que acontecería se a madrastra de Branca de Neve se convertise nun dos tres porquiños cada vez que se mira no espello?
A resposta a estas e outras preguntas poderémolas descubrir no novo espectáculo para bibliotecas de Elefante Elegante .
Nesta ocasión, Gonçalo Guerreiro mistura os contos de sempre para crear unha nova historia na que conviven o cómico e o poético co teatro xestual e a música.
Un espectáculo interactivo, onde as figuras feitas en cartón cobran vida e onde os cativos poden entrar na casa da avoa dos contos para escoitar as súas historias. Unha casa que se irá construíndo diante dos seus propios ollos a medida que se narran as novas aventuras dos personaxes de sempre .
No hay comentarios:
Publicar un comentario