Comenzamos el ciclo de teatro en familia en la sala Gurugu con tres espectáculos para bebes de "Caramuxo Teatro"
1 y 2 de Marzo a las 5.30 y 6.30. glub glub (dos pases )
8 y 9 de marzo a las 5.30 y 6.30 zapatos (dos pases )
15 y 16 de Marzo a las 5.30 y 6.30 Ñam (dos pases )
Un espectáculo para bebés de 6 meses a 3 anos.Caramuxo teatro presenta o primeiro espectáculo de teatro para bebés que se realizou en Galicia. Unha montaxe para nenos de 6 meses a 3 anos acompañados por adultos. Glub, glub conta a historia da amizade entre un barquiño de papel afundido no fondo do mar e un peixe xoguetón. Unha montaxe chea de estímulos e cunha linguaxe sinxela, case xestual que introduce ós máis novos nunha aventura fantástica e sorprendente. Unha oportunidade para disfrutar cos fillos da primeira viaxe polo mundo do teatro.
Un espectáculo para nenos e nenas de 1 a 4 anos.
¿Que pasa con todos eses zapatos que xa ninguén usa? Todos os días chegan a un recuncho dun agochado xardín fantásticas historias, as vivencias que traen consigo unha morea de zapatos de tódolos tamaños e cores. Unha xoven rapaza é a encargada de coidalos, de darlles a benvida ó lugar onde vivirán para sempre, un lugar onde poder compartir emocións con esa bela bailarina, con Pequecho e os seus irmáns, cos namorados, co Sol e a Nube, con centos de compañeiros que teñen moito que contarnos. "Zapatos" narra todas esas historias que levan dentro os zapatos que xa non teñen dono.
Duración: 30 minutos.
Idade recomendada: de 1 a 4 anos.
“Ñam” e a nova aposta de Caramuxo Teatro para o público mais novo: bebés de 1 a 4 anos. Despois de realizar o primeiro espectáculo para bebés feito en Galicia, “ Glub Glub” (2003) Caramuxo introduce en Galicia unha nova modalidade de teatro, as artes escénicas para os bebés. O seu segundo espectáculo específico para estas idades foi “Zapatos”(2008) que ata o momento, é o espectáculo da compañía que mais distribución e repercusión tivo fóra de Galicia, sendo un espectáculo recomendado pola Red Nacional de Teatro e Mención Especial no Festival Internacional de Títelles Vall d‘Albaída no ano 2010.
Comer é un pracer, mais antes hai que cociñar e escoller os mellores productos: Porque as mazás poden ser verdes ou vermellas, as galletas grandes ou pequenas, os tomates da casa ou chegar do outro lado do mundo. ¡A min encántame o doce! ¡Pois eu prefiro o salgado!
“Ñam é un espectáculo envolvente creado a partir do mundo da cociña para ver, escoitar, ulir, sentir e saborear en familia.
http://www.caramuxoteatro.com/