jueves, 22 de noviembre de 2018

Sala Gurugú Presenta a Trinke Trinke "OS Ratos de Lonxedetodo" Contos de Perrault Sábado 24 Noviembre ás 12,30h. e ás 18,30 h. Xan Perillán e a biblioteca Maxica de Os Monicreques de Kukas



Sala Gurugú

Presenta 
a
Trinke Trinke 

"OS Ratos de Lonxedetodo"


Contos de Perrault

Contos: O Gato con Botas, en Contos completos de Charles Perrault . 
Cincento. Versión propia e igualitaria do conto de Perrault.


Sábado 24 Noviembre  ás 12,30h. e ás 18,30 h.







sinopse 

Charles Perrault foi un autor e compilador francés de contos que están no imaxinario de todos nós: A Carapuchiña Vermella, A Cincenta, A Bela Dormente, Polgariño… Así e todo, cómpre revisar a obra deste escritor do século XVII desde a perspectiva do XXI, en especial aqueles contos que perpetúan unha visión machista da sociedade. Contos: O Gato con Botas, en Contos completos de Charles Perrault . 2002: Vigo : Xerais. Cincento. Versión propia e igualitaria do conto de Perrault.


Trinketrinke fai animación á lectura desde o teatro. Os conductores das actividades para nenos-as de 3 a 8 anos son uns personaxes fantásticos: os Ratos da Biblioteca, que proceden dun lugar chamado Lonxedetodo, onde os libros e a lectura ocupan un lugar sobranceiro na vida da comunidade. Os nosos obxectivos son promover a lectura, espertar o gusto pola literatura, estimular a sensibilidade, a imaxinación, a creatividade e o espírito crítico dos nenos-as a través da narración dos contos e, singularmente, dos distintos xeitos de contalos. Ratos de Biblioteca: Especie de ratos que viven na aldea de Lonxedetodo. Cada certo tempo viaxan ata algunha Biblioteca para se comunicaren cos humanos, tentar contaxiarlles aos nenos e nenas o seu gusto pola lectura e coller contos prestados.


Sala Gurugu

 Presenta 

Comienza a programación familiar co espectáculo 
Xan Perillán e a biblioteca Maxica
de Os Monicreques de Kukas 

Domingo 25 Noviembre    12,30 e 18,30 H.



ž Orixinal recital dramatizado do polifacético artista Marcelino de Santiago (Kukas) que a través de recursos como a pintura en directo,  a posta en escena con marionetas e a maxia presenta varios poemas do libro DE TREBELLOS, PERELLOS E FEDELLOS do que é autor e ilustrador

ž Nesta ocasión Xan Perillán vai centrar a súa atención nos máis pequenos, crianzas a partires dos tres anos ata os doce anos animando a uns a coñecer e utilizar a lingua galega e a coñecer verbas en desusos, a outros incentivalos e animalos á lectura e os mais a valorar, coñecer e gozar da poesía.


ž Recomendada a todos os públicos e crianzas a partires dos tres anos.


Domingo 25 Noviembre  



Reservas en salagurugu@gmail.com
Información 616701099



No hay comentarios:

Publicar un comentario