lunes, 12 de noviembre de 2018

Sala Gurugú presenta a Paco Nogueiras en Brinca Vai! (De aquí a acolá) sabado 17 ás 18,30 domingo 18 ás 12,30 e ás 18,30

Sala Gurugú 


presenta a
Paco Nogueiras

en 

  Brinca Vai! (De aquí a acolá)

 Sábado 17 ás 18,30 Domingo 18 ás 12,30 e ás 18,30  


  • Música infantil cos ritmos máis diversos (electrónica, pop, folk, reggae,rock,etc)
   Brinca Vai! (De aquí a acolá)
Brinca Vai! De aquí a acolá é un espectáculo baseado no libro-cd-dvd “Brinca Vai!”, editado por
Kalandraka Editora, no que se combinan cancións, animacións e interpretacións cos ritmos e
rexistros máis divertidos.
Acompañade ao músico e actor Paco Nogueiras cos seus instrumentos e a súa querida “Máquina
nunha divertidísima viaxe chea de humor, baile e cancións. As alegrías, as amizades, os libros, a
poesía, a ecoloxía, as festas do ano (o magosto, o samain, o entroido, o nadal) e o respecto á nosa
lingua serán parte da equipaxe. Unha fantástica oportunidade de brincar e pasalo ben cos amigos e
amigas nun particular camiño onde a música soa con forma de sorriso.
Brinca Vai! De aquí a acolá ,está deseñado para adaptarse a calquera espazo: escolas, bibliotecas,
auditorios, rúas, prazas, vilas, aldeas…. Viaxará alí onde alguén queira cantar, rir, bailar ou
simplemente escoitar coas mans e as orellas ben abertas!
* Idioma: Galego
* Público preferente: Infantil e familiar
* Xénero: Musical e comedia
*55 min
reservas salagurugu@gmail.com
info 616701099

No hay comentarios:

Publicar un comentario