lunes, 19 de noviembre de 2018

SALA GURUGU 4º SEMANA FESTIVAL ESCENA MULLER cLAUSURA

SALA GURUGU 

FESTIVAL ESCENA MULLER



Bos días

fem 2018 , Festival escena muller, chega á  última semana da súa 2ª edición. Un Festival en feminino organizado pola Asociación EXEMPLA e financiado polo programa #CulturaDeBarrio do Concello da Coruña.

Esta semana conta coa presenza dalgunhas das mais novas e veteranas representantes da acción en feminino da cidae (gañadora de Gran hermano 09, poetisas e performers, creadora plástica) , unha semana coas seguintes accións : 


EXPOSICIÓN : MARIBEL VALDIVIESO

Exposición fotografica no hall da Sala  

Artista multidisciplinar que dende a súa mirada amósanos como o obxecto cobra vida para facernos sentir a historia que viviu . A súa formación autodidacta e en todas as disciplinas plásticas converten a Maribel Valdivieso nunha desas grandes artistas que  son invisibles para o espectador convencional.

Clausura: Dia  | 211Novembro        Hora | 20:00    Lugar | Sala Gurugú (Agra Orzán 3)



EN COMÚN : JUDIT IGLESIAS

Socióloga, sexóloga, escritora, guionista e presentadora (ademais de gañadora do Gran Hermano 9) 

A súa análise da sexualidade e sociedade será o eixo sobre o que exporá  unha análise social en feminino

Día | 22 Novembro        Hora | 20:00        Lugar | Sala Gurugú




ESCENA :  ALDAOLADO  “Con 10 poemas por barba”

 O dúo, formado por Lucía Aldao e María Lado, ofrece un recital no que se mezclarán  poesía,  comedia e música en directo.
'Con dez poemas por barba'pretende chamar a atención de quen mira a poesía de reollo. Porque para Lucía Aldao e María Lado a lectura de poesía non pode ser algo que durma ao espectador. Partindo deste presuposto Aldao e Lado presentan un recital de poesía ameno , dotado de ritmo e comunicación aberta co espectador, no que este adquire ademáis un papel activo.

Direccion e Intérpretes:         Lucia Aldao  e Maria Lado

Dia | 23 de Novembro    Hora | 21:00    Lugar | Sala Gurugú (Agra Orzán 3)

FEM contou con exposición fotografica, mostra audiovisual e espectáculos , coa presenza de fotografas, literatas, actrices e creadora audiovisual introducindo os seus traballos e explicando as súas derivas. Onde as artes escénicas, audiovisuais e literarias fan presente a mirada feminina para o espectador . Exporá a mirada e os atrancos das mulleres nunha sociedade masculina, na procura de concienciar nun camiño cara a igualdade.


ENTRADA GRATUITA  
INVITACIONES :SALAGURUGU@GMAIL.COM

No hay comentarios:

Publicar un comentario