lunes, 20 de abril de 2015

Sala Gurugú Presenta a: Teatro En Punto con Merenda de Libros Sábado 25 as 18,30 H.Abril Domingo 26 as 12,30 H.Abril


Sala Gurugú
Presenta a:
Teatro En Punto  con
Merenda de Libros
Infantil 5-14 anos
Entrada única 5 euros
Sábado 25 as 18,30 H.Abril
Domingo 26 as 12,30 H.Abril
SINOPSE:
Tres personaxes adultos póñense a merendar textos. Xogando no mundo da fantasía e a través dos conceptos "libro" e "palabra" como base dos distintos xogos nos que o público pasa a ser colaborador. Hai en todo momento un achegamento entretido e lúdico ao mundo das letras como parte dunha realidade común e máis cotiá do que coidábamos.
Non é exactamente unha obra de teatro senón un xogo, unha proposta arredor dos conceptos "palabra" e "libros".
Público: Infantil/ Adolescente
Xénero: Teatro contemporáneo
Duración: 50 min.
Idioma: Galego


Quen son ?
Teatro En Punto é unha compañía que comezou a súa traxectoria no ano 1996 co
nome de Teatro Bruto. Nesa primeira etapa acometeu as montaxes Cachorros sen
domesticar (1996), Interruptus I, II e III (1997-1999, en colaboración con Pífano, S.L.),
Detritus Corazón (1997), Ninguén chorou por nós (2000), EN PUNTO (2002) e Agnus
Patris (2003). En 2007 muda o cadro de integrantes da compañía, permanecendo nela
Gloria Rico, socia fundadora, e incorporándose a esta nova etapa Nerea de Valenzuela.



No hay comentarios:

Publicar un comentario