lunes, 13 de abril de 2015

Sala Gurugú presenta A Illa dos Nenos "O Mago Paco" "Ledicias" Sábado 18 a las 18,30. Domingo 19 a las 12,30.



Sala Gurugú

presenta

A Illa dos Nenos "O Mago Paco"

"Ledicias"

Sábado 18 Abril a las 18,30. Domingo 19 Abril  a las 12,30.





Este espectáculo está baseado na maxia infantil, no que O Mago Paco fainos un percorrido polos seus mellores xogos de maxia cos que pretenderá sumerxir a todo o público no seu mundo fantástico, cheo de ilusión e sorrisos.
 "LEDICIAS" é un espectáculo versatil, aberto e adaptado a calquer espazo de representación. Está guiado por unha  peculiar personaxe "O Mago Paco" que fai de cada xogo un momento diferente, nos que @s nen@s son os verdadeiros protagonistas; creando así un espectáculo propio dunha mente infantil: aluocado, ruidoso, dinámico e cheo de sorpresas.

 "LEDICIAS" é un espéctáculo pensado para @s nen@s, creado pol@s nen@s e no que desfruta toda a familia.







El sábado por la mañana se realizara un curso de Magia para las familias de hora y media por un costo de 8 euros por familia (estecurso esta subvencionado por asociación scdas artes escenicas
" Exempla"






A compañía A illa d@s nen@s creouse no ano 2007 como froito dunha vocación cara o mundo da cultura teatral, apoiada por un traballo previo de moitos anos na educación e animación infantil.
Esta compañía caracterízase pola fusión da maxía e o teatro enriba dos escenarios, e por unha especial inclinación hacia o entretenemento do público infantil.
A directora, Marina López, é a parte creativa deste equipo, dela xurden as ideas e as palabras que despois se transforman en historias, contos, obras de teatro ou espectáculos; sempre coa premisa da fantasía e o soriso como base para todos eles. Para realizar este traballo apoiase na súa gran experiencia como Educacdora infantil no mundo da educación non formal e como Docente no ámbito de Animación a Lectura.
Francisco Otero, O Mago Paco, é a outra parte do equipo. Aos 10 anos regaláronlle un xogo de maxia ó que non lle fixo moito caso pero 12 anos despois, ese mesmo xogo foi o desencadeante da súa vocación polo mundo do teatro e a maxia. Converteuse nun mago case sen sabelo a raíz das súas experiencias como animador infantil, mundo que lle segue fascinando. Grazas a esto formou o seu propio Clube de Maxia Infantil , e imparte clases a nen@s dende os 6 ós 12 anos, traballo que lle aporta un punto de vista moi cercano o seu público favorito (@s nen@s). Na súa traxectoria formouse con cursos de teatro, maxia cómica e clwon (unha disciplina que lle apaixona) para poder conseguir así converterse no profesional de diversas artes escénicas que é hoxe en día. Ten unha gran experiencia como constructor de escenografías é monicreques.

 www.ailladosnenos.com


No hay comentarios:

Publicar un comentario