martes, 28 de abril de 2015

Adianto Programación Mayo Sala Gurugú


Teatro de adultos 

Olladas Teatrais en Feminino


Día 22 de mayo.- Espello Cóncavo.- “Historias de mulleres”.- dirixida por Lino Braxe.
MULLERES CON HISTORIA

Mulleres con historia é un espectáculo escrito por Lino Braxe para dúas actrices. Non para dúas actrices en xeral, senón para dúas actrices en particular: Manuela Varela e Uxía Vázquez. Toda a montaxe xira arredor deste feito. A inspiración que o talento de dúas intérpretes esperta nun criador. Un paseo pola vida, polos mundos, polo amor de mulleres con historia ao longo da historia de moitas mulleres ou de mulleres da historia. Cambiando de épocas e latitudes. Cunha poética e unha visión aberta á diversidade e sementada na dignidade do camiñar pola arte teatral desde unha ollada distinta. A homenaxe dun escritor-director a dúas artistas que batallan, todos os días, por acadar o antiquísimo soño de construír a aventura da escena.

Reparto: Manuela Varela
Uxía Vázquez
Texto e dirección: Lino Braxe
Duración: 60 minutos



Día 29 de mayo .- Berrobambam.-Nuria Sanz.- “Fadas, Bruxas, Pricesas e madrastras”

"Fadas, bruxas, princesas e madrastras",  escrito y dirigido por Evaristo Calvo e interpretado por NuriaSanz , COMPAÑÍA de Berrobamban.

Este espectáculo esta destinado a un público adulto/juvenil pero no infantil. 
Fadas, bruxas, princesas e madrastas: As fadas, as bruxas, as princesas e as madrastas, son as personaxes femininas protágonicas dos contos populares e tradicionais. Non tendo todas elas unha sustancia máxica, todas fabulan sobre fenómenos reais ou tentan significar virtudes e defectos propios dos “seres humanos”. Os celos e a envexa os velenos que lle agrean o carácter. Todas elas parecen e son diferentes.
Tres contos: A bela durminte: onde interveñen fadas e unha princesa. A Cincenta; de onde se extraen os exemplos de fadas e madrastas. E Hansel e Grettel: onde atopamos a Bruxa e a madrastra. Con estas tres narracións, irase xogando e poñendo en evidencia semellanzas e contradicións. Na conclusión da tese, a narradora- actriz trazará liñas de relación entre os tres contos e os situará nun contexto actual dando unha perspectiva desmitificadora dos mesmos.
Evaristo Calvo, director
Nuria Sanz Actriz

30 de Mayo Espello Cóncavo “OCCIDENTE (ou Alaridos dunha civilización enferma)”
Unha comedia ácida do noso tempo.
OCCIDENTE é un espectáculo conformado por un conxunto de pezas breves da autoría do dramaturgo, actor e director, Lino Braxe. Nelas, o autor pretende afondar no coñecemento da sociedade que nos tocou vivir, procurando unha posta en escena sinxela, uns diálogos directos e un espazo sonoro singular. Trátase dunha comedia ácida, pois o humor permanece en todas as historias que o espectáculo ofrece.
Reparto
Ela……………………Manuela Varela
El……………………..Xoan Carlos Mejuto
Muller………………Uxía Vázquez
Home……………….Lino Braxe
Texto* e dirección…….Lino Braxe


Teatro Infantil Mayo 
.
9 de mayo a las 18,30 y 10 de Mayo a las 12,30 
 Elefante Elegante
Espectáculo “Lobo Lobo

Que pasaría se o lobo da Carrapuchiña se fixese vexetariano?
Que acontecería se a madrastra de Branca de Neve se convertise nun dos tres porquiños cada vez que se mira no espello?
A resposta a estas e outras preguntas poderémolas descubrir no novo espectáculo para bibliotecas de Elefante Elegante .
Nesta ocasión, Gonçalo Guerreiro mistura os contos de sempre para crear unha nova historia na que conviven o cómico e o poético co teatro xestual e a música.
Un espectáculo interactivo, onde as figuras feitas en cartón cobran vida e onde os cativos poden entrar na casa da avoa dos contos para escoitar as súas historias. Unha casa que se irá construíndo diante dos seus propios ollos a medida que se narran as novas aventuras dos personaxes de sempre .
Destinado ao público infantil entre os 3 e 8 anos.




23 de Mayo a las 18,00 y a las 19,00 y 24 de Mayo a las 11,30 y 12,30 

 Caramuxo Teatro


“GLUB GLUB” 


 Espectáculo para bebés de 6 meses a 3 años


Caramuxo teatro presenta o que foi o primeiro espectáculo de teatro para bebés realizado en Galicia.
O xove mariñeiro perdeu o pequeno barco de papel...
¿Onde estará? ¿Nesta caixa? ¿Nesta cesta? ¿Ou quixais naquel baúl?
Glub, glub conta a historia da amizade entre un barquiño de papel afundido no fondo do mar e un peixe xoguetón.
Unha montaxe chea de estímulos e cunha linguaxe sinxela, case xestual qye introduce ós máis novos nunha aventura fantástica e sorprendente.


Otros

16 de Mayo a las 20,00 horas.

Presentación dramatizada del libro de teatro infantil-juvenil “Lingua de Lata” acto de teatro infantil en celebración do día das letras galegas 2016.

Neste acto os autores presentarán o libro, haberá un coloquio e unha lectura dramatizada. Ao final do acto, os autores asinarán exemplares.
Editorial Edicións do Estame
Autores : Francisco Oti e Julio Fernández

Lingua de Lata é unha obra de teatro para nenas e nenos dentro do que poderiamos chamar Teatro obxectual, tendo en conta a multitudinaria aparición de cousas animadas e a paisaxe escénica que estas cousas configuran. Os seus protagonistas son o avión de Antoine de Saint-Exupery perdido no deserto do Sahara e que na actualidade esmorece nun gran vertedoiro de lixo dalgún lugar do mundo, é un rapaz que sen sabelo ten por destino ser un novo principiño.










No hay comentarios:

Publicar un comentario