lunes, 4 de septiembre de 2023

Sala Gurugú presenta Viravolta títeres “A regadora do asubiote”. Sábado, 9 de setembro ás 19,00 e Domingo, 10 ás 12,00; 16,00 e 19,00 sala Gurugú presenta AANTENA NAUFRAXIOS 8,15,22,29 ÁS 20.30.h.

 

sala Gurugú

 presenta 

AANTENA 

NAUFRAXIOS  

8,15,22,29 ÁS 20.30.h.


o espectáculo Naufraxios os mortos voltan á vida para nos contaren que foi o que lles pasou, eles viven nun lugar sen tempo, mais saben que ese lugar os ten atrapados.

 

Os actores e actrices dan “vida” a esas persoas que pasaron por alí, esas vidas anónimas que foron poboando o lugar do seu contido máxico .Unha viaxe a un tempo e un espazo onde quedaron os sentimentos desas vidas que marcharon. Lugares que foron tildados como “malditos” mais realmente foron espazos de acollida de vidas que marcharon. Sitios que quedaron impregnados pola traxedia.

 

Un espectáculo teatral de memoria da Costa Da Morte con música en directo.

 

Elenco: Alicia Baña, Bernardino Martinez, Tamara Mouzo, Antonio Miranda, Klaus Martínez (músico)

 

Dramaturxia: Bernardino Martínez

 

Direccion: Xosé Leis

 

 

 

 

 sala Gurugú

 presenta

 Viravolta títeres

 “A regadora do asubiote”.

 Sábado, 9 de setembro ás 19,00 e domingo, 10 ás 12,00; 16,00 e 19,00




 

 

 

O vindeiro sábado día 9 de setembro a compañía Viravolta títeres inicia a súa xira de outono presentando na sala Gurugú de A Coruña o seu último espectáculo “A regadora do asubiote”. Este espectáculo de teatro de títeres producido cunha axuda da AGADIC está baseado nas versións recollidas en galego do conto que en castelán chaman “La niña que riega la albahaca” e que serviu a Federico García Lorca para facer un espectáculo familiar de títeres xunto con Manuel de Falla e Hermenegildo Lanz, desta experiencia da noite de Reis do ano 1923 cumpríronse neste 100 anos e Viravolta quixo facer esta súa versión como homenaxe a unha data tan destacada para a historia do teatro de títeres no estado español.

Este espectáculo no que a filla pequena do xastre demostra ser moito máis lista que o vaidoso príncipe principal desenvólvese nunha escenografía cambiante con títeres de distintas técnicas e recreacións de xoguetes tradicionais e con música en directo.

 

Esta proposta escénica ten a súa orixe na “oralidade”, tres contos “clásicos populares” relatados en milleiras de ocasións en distintos tempos e espazos, por voces de distintos lugares e de distintas culturas-

Unha nena decididamente activa, burlona e inxeniosa e un príncipe bulrón, son o eixo común destres tres contos contos extraídos da cultura universal pero con destacadas versións en galego tanto de Galicia como do Bierzo, e con distintos nomes (A mata de alfabaca, A pastora e o fillo do rei, Flore e Flora, A regadora do asubiote, as fillas do sastre…)  a protagonista é unha nena que co seu inxenio pon no seu lugar a un príncipe bulrón e certamente un pouco rancoroso.

 

Info:

Viravolta Títeres: https://viravoltatiteres.wordpress.com/about/

A regadora do asubiote: https://viravoltatiteres.wordpress.com/espectaculos/a-regadora-do-asubiote/

Onde: Sala Gurugú (enderezo)

Cando: Sábado, 9 de setembro ás 19,00 e domingo, 10 ás 12,00; 16,00 e 19,00

video espectaculo

https://youtu.be/vqFGae8cWGI

 

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario