viernes, 22 de septiembre de 2023

Sala Gurugú presenta RAFAEL REY ““PAPI FACEBOOK, A ERA DO LIKE””. Sábado, 23 de septembro ás 19,00 e domingo, 24 ás 12,00; e 19,00

                                                                     Sala Gurugú

 presenta

RAFAEL REY

 “PAPI FACEBOOK, A ERA DO LIKE””.

 Sábado, 23 de septembro ás 19,00 e domingo, 24 ás 12,00;  e 19,00

 


Xénero: Sátira

Formato: Monicreques, máscara e teatro físico

Duración: 1 hora

Público: + 15 años

 

“As persoas sodes coma cativos,

e os cativos necesitades un papi que vos coide,

que vos ensine.

Por sorte, agora tédesme a min: a Papi Facebook.

Eu son o rei das aparencias, o que coida o teu perfil,

eu son a droga máis pura para facerte feliz.”

 

Coñeces a PAPI FACEBOOK? Non? Que raro, porque seguramente sexas un dese 50% da poboación que pasa máis de tres horas diarias nas redes sociais. Ou quizais non, quen sabe, quen controla o teu tempo e analiza hábitos? Eu non.

Pero tranquil@, esta noite valo coñecer. Porque Papi Facebook quere falar con nós, saír da pantalla e por unha vez, verte cara a cara. E con el, por suposto, trae a toda a tropa: O preocupado e neurótico Wasap, o lascivo coello-ladilla de Tinder, o altamente irritable e colérico Tuiter, o narciso Instagram xunto co seu enerxético e instantáneo rival TikTok, entre outros.

 


No hay comentarios:

Publicar un comentario