lunes, 2 de marzo de 2015

Sala Gurugu presenta a Títeres Cachirulo en "Catro Contos de China" domingo 8 as 12,30 H. e 18,30 H

Sala Gurugu 

presenta a 

Títeres Cachirulo 
en 
"Catro Contos de China"

Domingo 8 as 12,30 H. e 18,30 H



Insólitas aventuras que nos descobren un cómico e divertido mundo, agochado moi preto de nós e cheo de inquedantes situacións. A natureza, a amizade, os disparates humanos… Aprendizaxes e xogos realizados coa maxia do títere chinés.
Bos amigos
O mono e mais o oso quérense divertir e parecen dispostos a facelo converténdose nos malabaristas da selva.
A porta chinesa
Pola porta da cidade pasan moitas personaxes levando e traendo cousas que, ás veces, son moi difíciles de transportar, o que poden xerar graciosas situacións.
A pequena cazadora
A pequena gatiña quere aprender a cazar un rato, pero non é tarefa fácil, sobre todo se non sabe como son eses animaliños.
Unha ponte na selva
Un terremoto crea un novo espazo, producindo desacougantes encontros entre os animais do lugar.
O espectáculo vai acompañado dunha pequena mostra de marionetas chinesas.


Duración50 min
Público Infantil a partir de 3 anos


Recortable Catro contos da China


No hay comentarios:

Publicar un comentario