lunes, 23 de marzo de 2015

Sala Gurugu ciclo olladas teatrais Día 27 de marzo.-Inversa Teatro.- Marta Pérez.- “Fémina Sapiens”




CICLO PEQUENO FORMATO

“Olladas Teatrais”

Teatro en Feminino

Unha mostra que reflicte a ollada da muller nos diferentes ámbitos teatrais, con obras nas que as mulleres son Productoras, directoras, dramaturgas ou actrices.


Ao Final dos espectáculos habera un coloquio sobre a temática Muller e Creación Teatral


Día 27 de marzo
ás 20,30 Horas
presenta a


.-Inversa Teatro.- a Marta Pérez.- en “Fémina Sapiens”


Fémina Sapiens é un “sólo” teatral escrito e interpretado por Marta Pérez e dirixido por Carlos Álvarez-Ossorio onde se pon de manifesto a pregunta sobre se é posible a evolución en torno ao aspecto Sapiens- ou se, pola contra somos máis proclives á involución-
Fémina Sapiens é un personaxe que tenta buscar e analizar cal é o eslabón perdido entre a racionalidade e moralidade pasando polos estadios íntimos de violencia existentes en tres relacións fundamentais: a amizade, a familia e o amor.
Texto e Interpretación: Marta Pérez
Dirección: Carlos Álvarez-OssorioEscenografía e vestiario: Eufrasio Lucena-Muñoz.
Técnica: Laura Iturralde
Produción: Inversa Teatro
Espazo Sonoro: Ronett Studio.
Iluminación e audiovisual: Carlos Alvarez-Ossorio
Fotografía: Gus Abreu
Deseño Gráfico: María Rodriguez
Coa axuda de AGADIC

A asociación sociocultural das Artes Escénicas, EXEMPLA,  a Sala Gurugú de A Coruña e as compañías, Dantea Teatro e Teterella Teatro  oranizan do 20 de marzo ao 29 de mayo unha mostra teatral que reflicte a ollada da muller nos diferentes ámbitos teatrais, mediante a representación de obras nas que as mulleres participan de forma activa como directoras, dramaturgas ou actrices, como un xeito de reivindicar a presenza da muller nos diferentes ámbitos teatrais. 

Mais informacion da compañia en este enlace:









No hay comentarios:

Publicar un comentario