"O FIDALGO", de CasaHamlet: Sábado 2 de Xuño, ás 21 horas.
Para rematar coa programación iniciada neste curso teatral, a Sala Gurugú acolle o Sábado 2 de Xuño, ás 21 horas, a representación de "O FIDALGO", por CasaHamlet, refundido de diferentes momentos de textos de Ramón Otero Pedrayo, atravesados todos eles por esta figura decadente e casi irrisoria.
75 minutos cun bébedo delirante, un home vello con ensoñacións, un doente na carreira pola eternidade..., fidalgos todos eles decadentes, flor dunha Galicia extinta, virados en personaxes de hoxe mesmo, igual de delirantes na súa incapacidade e no seu egoísmo cego.
Interpretada por Manuel Lourenzo e Rubén Espejo, con dramaturxia e dirección do primeiro, e co músico Brandán Lourenzo.
Textos escolmados:
A sublevación dos traxes.
O borracho.
Vento nocturno.
Os espectros das doenzas.
O pazo.
O gafo.
As vodas do portugués.
A cota de actividade é de 5 euros por persoa.
Para pechar a nosa programación ata septembro.Un espectáculo de adultos de un dos nosos insignes dramaturgos do noso país, Manolo Lourenzo recollendo textos de distintos autores galegos
ResponderEliminar