miércoles, 30 de mayo de 2012

Para rematar a tempada, "O FIDALGO", de CasaHamlet: Sábado 2 de Xuño, ás 21 horas.

A programación teatral iniciada neste curso na Sala Gurugú, péchase o Sábado 2 de Xuño, ás 21 horas, coa representación de "O FIDALGO", por CasaHamlet, refundido de diferentes momentos de textos de Ramón Otero Pedrayo, atravesados todos eles por esta figura case irrisoria.

Un bébedo delirante, un home vello con ensoñacións, un doente na carreira pola eternidade..., fidalgos todos eles decadentes, flor dunha Galicia extinta, virados en personaxes de hoxe mesmo, igual de delirantes na súa incapacidade e no seu egoísmo cego.

Teatro para adultos, con música en vivo.

Duración: 75 minutos.

Dramaturxia e Dirección: Manuel Lourenzo.

Intérpretes: Manuel Lourenzo e Rubén Espejo.

Músico: Brandán Lourenzo.

Textos escolmados:
A sublevación dos traxes.
O borracho.
Vento nocturno.
Os espectros das doenzas.
O pazo.
O gafo.
As vodas do portugués.


A cota de actividade é de 5 euros por persoa.

Máis info. e reservas:
881 894 634; 616 701 099;
salagurugu@gmail.com

A Sala Gurugú pecha estos primeiros 6 meses de programación estable para acoller, entre outras actividades, a Escola de Verán de Unima Galicia (Unión Internacional da Marioneta), e un Curso de Manipulación e Interpretación con monicreques de luva na segunda semana do mes de xuño, organizado pola Asociación socio-cultural das artes escénicas Exempla, e patrocinado pola Deputación e o Concello de A Coruña.
Informaremos polo miúdo, en breve.

Ademais, entre Xuño e Agosto, realizaranse traballos para un mellor acondicionamento da Sala, e ensaios intensivos da compañía vinculada Danthea Teatro.

A programación semanal, xa habitual, reanudarase no mes de Setembro, podendo acoller algunha representación puntual ó longo do verán, da que se informaría axeitadamente.

Agradecemos o voso apoio e implicación, tanto de público coma de grupos teatrais ou espazos de difusión que, con maior ou menor esforzo, participastes ata o de agora desta aposta por un espazo escénico alternativo e complementario dos xa existentes, familiar e recollido -por pequeno e por actitude-, cos vosos pequenos e grandes espectáculos -pequenos en tamaño relativo, pero grandes en volume escénico enchido-, e coa vosa necesaria e salientable aportación, de corpo e mente presentes, e a monetaria como semente.

Vémonos eiquí, á volta dun chisco.

SALA GURUGÚ.

No hay comentarios:

Publicar un comentario