lunes, 5 de mayo de 2025

SALA GURUGU presenta a Danthea Teatro y K^Paparota en Verán na lavanderia sábado 10 Mayo ás 17.30 h.

                                                             SALA GURUGU 

presenta a

Danthea Teatro y K^Paparota en 

Verán na lavanderia 

sábado 10 Mayo  ás 17.30 h.



A compañía K´Paparota Danthea Teatro traen a escena Verán na lavanderíaunha peza de creación propia.

 

Dirixida a público familiar, a partir de 3 anos.

 

 

Sinopse

Na cidade costeira da Lavandería, onde o sol do verán brilla sobre as ondas, unha nena disponse a facer a coada pero descobre que a lavadora está avariada, no seu interior atopa un misterio inesperado. Guiada pola súa curiosidade, comeza a seguir as pistas que a levan ata o mar. Alí, a través dunha enigmática bolsa de plástico, atopa diferentes animais que lle dan a chave para desvelar unha historia sorprendente que vai máis aló do que imaxinaba.

 

Verán na Lavandería é unha obra chea de esperanza que convida a escoitar as voces do océano e os seus habitantes.

 

Ficha artística:

Co-produción de Danthea e K

´paparota teatro. Idea orixinal: Patricia Cameán

Elenco: Patricia Cameán

Espazo escénico: Patricia Caméan e Carlos Clemente 

Espazo sonoro: Varios compositores

 Iluminación :Carlos Clemente

Direccción :Carlos Clemente 

 Fotografía: BeaWherever



   Duración: 40-45 minutos

     Idioma: galego

reservas : 616701099

https://www.youtube.com/watch?v=WYyhPyxKFxIç


No hay comentarios:

Publicar un comentario