jueves, 16 de diciembre de 2021

 SALA GURUGU 

PRESENTA 

 

 ELAHOOD | Compañía de danza

Miercoles 22 DE DECEMBRO (Día do espectáculo)

1º pase - 13h
2º pase - 20h

 CANCELADO POR MOTIVOS MEDICOS


“Teño algo importante que dicir pero aínda non sei o que é” esta frase sitúase como punto de partida da nova creación da compañía Elahood. Unha proposta de danzas urbanas baixo unha mirada de creación contemporánea en co-produción co Centro Coreográfico Galego | Agadic.  

O proxecto  lanza unha mensaxe contradictoria e anima aos públicos a descifrala por elxs mesmxs. Mentres a compañía afirma “non ter nada importante que dicir”, na súa peza vense mensaxes rotundas que atenden ás necesidades e carencias da situación socio-económica actual. A precaridade laboral, a identidade de xénero ou as novas tecnoloxías, son algunhas das temáticas polas que transita a peza, unha dramaturxia que se achega aos discursos que ocupan o debate actual, anticipando unha ruptura cunhas formas de facer preestablecidas. 

O espectáculo conta coa estética máis característica da compañía, unha danza precisa, limpa e extremadamente coordinada que atende a unha musicalidade concreta. A compañía continúa a súa aposta particular por unha linguaxe visual e coidada, que neste espectáculo abraza a presenza do texto, a voz e a ironía. 

Onde reside a importancia do importante? 

Debemos subirnos a un escenario sempre coa resposabilidade de defender un discurso? 


 é un collage que parte da intuición más naif de dúas mulleres galegas que se rinden a ter que ser importantes. Unha proposta escénica contemporánea que invita á reflexión colectiva das preocupacións actuais. 
 
SINOPSE


Teño algo importante que dicir pero aínda non sei o que é.
 
 
Las  Reservas se solicitan en la compañia

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario