viernes, 9 de abril de 2021

sala gurugu presenta compañia residente TIRABEQUE KA,VO presentacion del trabajo de residencia y actuacion "Joejufy, The Hunter" VENRES 9 DE MARZO 2021 'AS 19.00 H.

 sala gurugu 

presenta 

compañia residente

 TIRABEQUE KA,VO  

presentacion del trabajo de residencia y actuacion  

"Joejufy, The Hunter"

VENRES 9 DE MARZO 2021 'AS 19.00 H.

Joejufy, The Hunter é unha proposta escénica sobre a situación actual. Vivimos nunha sociedade que ten presa por chegar a ningures e consume cegamente sen pensar nas consecuencias.

Quixemos abordar este tema que afecta a todes por igual en maior ou menor medida, sempre desde a nosa perspectiva e vivencias propias. Un reflexo de nós mesmos como sociedade de consumo, do impacto da fast fashion e dos canons estéticos. O efémero escaparate onde vivimos, xa sexa camiñando pola rúa, nunha estrea ou nas moi importantes redes sociais.


Para isto investigamos os procesos de creación das prendas que vestimos, de onde nace o impulso máxico e artístico, da curta vida das nosas prendas, do significante e o significado das mesas. Navegamos por fábricas, tecidos, augas contaminadas e pedras de strass. O impacto medio ambiental dos residuos pero tamén do non saber valorar o que temos de noso e mirar sempre cara fora.

 

 

RESIDENCIA PATROCINADA POR AGADIC CONSELLERIA DE CULTURA XUNTA DE GALICIA


No hay comentarios:

Publicar un comentario