martes, 29 de diciembre de 2020

Sala Gurugú presenta aantena produccions y Jose Leis

 
 

 Sala Gurugú
presenta 
aantena produccions
 y 

Jose Leis
 
 
O próximo luns 28 de Decembro ás 20:00  na Sala Gurugú (Agra Orzan 3) terá lugar a presentación do proxecto "Allea" a cargo do creador Xosé Leis e a súa equipa de colaboradores.

O encontro consiste na representación de escenas das investigadas xunto ao dramaturgo Xabier Muñiz , durante a residencia artística na Sala Gurugú durante o mes de Novembro e Decembro (contando cos actores Victoria Perez e Manu Fernandez) .  

Tras dun proceso arrancado de creación do proxecto transmedia Allea,  que xa estrenou o seu primeiro episodio ("Sandwich") e agora está a desenvolver o segundo capítulo e resto de formatos. 

Allea como proposta transmedia incluindo creación en vídeo,  ficción sonora, unipersonal escénico e posta en escena contemporánea,  é o proxecto beneficiario de axuda á creación por parte do Concello da Coruña.

SANDWICH,  o primeiro capítulo do proxecto foi beneficiario de residencia artística por parte de AGADIC en SalaGurugu. 

Este luns 28 presentarase diante público o proxecto, así como se abrirá faladoiro de reflexión e aporte coa audiencia, tanto en vivo como nos chat das rrss propias.


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario