miércoles, 7 de octubre de 2020

Comenza o VIII festival internacional de títeres extensión Galicreques SÁBADO 10 DE OUTUBRO – 18:30h DOMINGO 11 DE OUTUBRO – 12:30h


Programación XXV Festival Internacional Galicreques 2020 A Coruña – Sala gurugú

SÁBADO 10 DE OUTUBRO – 18:30h 

 

 ALÚA TEATRO (Salamanca): “No es el fin del huerto de Fermín” A partir de 5 anos Título do espectáculo: No es el fin del huerto de Fermín Nome da compañía: Alúa Teatro Idades recomendadas: A partir de 5 anos Duración: 60 minutos Técnica: Luvas Idioma: Castelán Sinopse: Manuel é un neno sumido na era dixital e as novas tecnoloxías. Este verán viaxará a Aguasfrescas, o pobo onde vive o seu avó Fermín. Pero alí terá que adaptarse a unha forma de vida totalmente diferente: os nenos non xogan a videoxogos senón que cazan gamusinos, só hai cobertura na eira e a maioría das xentes non saben o que é un influencer, e ademais falan de cousas que el non acaba de entender. Grazas a Juanilla, unha nena do pobo, o seu avó e Puchi (unha musaraña moi especial) coñecerá a beleza que hai na natureza e na cultura rural que se está a perder a pasos axigantados. Todos eles colaborarán para acabar cunha ameaza que sofre o pobo e en especial a horta do seu avó Fermín: unha fábrica que produce uns residuos cuxa toxicidade ameaza a vida natural de Aguasfrescas.

 

 

 DOMINGO 11 DE OUTUBRO – 12:30h 

  HABIB & VALERIA (Brasil): “O dia em que a Morte sambou” A partir de 5 anos Título do espectáculo: O dia em que a Morte sambou Nome da compañía: Habib & Valeria Idades recomendadas: A partir de 5 anos Duración: 45 minutos Técnica: Sombras e música en directo Idioma: Portugués Sinopse: Seu Biu é un vello brincador que non deixa que a súa idade nin a morte poñan fin á súa alegría de vivir. A pesar de vivir só e ser obxecto de moitas críticas e envexas, vive sorrindo e bailando, feliz e despreocupado. Ten música, danza e, sobre todo, unha forte conciencia da súa profunda conexión coa natureza. Un día, a Morte decide buscalo. Pero cando chega á casa do ancián, é recibida dun xeito totalmente inesperado... Ligazón vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=rEl_caTMV4E Ligazón vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=dYuPNOVoG_4

No hay comentarios:

Publicar un comentario