lunes, 2 de septiembre de 2019

SALA GURUGU PRESENTA A RAQUEL QUEIZAS EN ROMARIA dOMINGO 8 DE SEPTIEMBRE ÁS 12,30 E 18,30


SALA GURUGU 

PRESENTA A 
RAQUEL QUEIZAS 
EN 

ROMARIA

dOMINGO 8 DE SEPTIEMBRE 
ÁS 12,30 E 18,30



Duración: 50 minutos Publico: familiar, a partir de 3 anos

Creado, dirixido e interpretado por Romaría é un espectáculo de narración oral onde as nosas lendas tradicionais achegan o mundo rural e antigo aos rapaces, descubríndolles un modo de vida descoñecido para os máis deles. Queliña, unha nena de aldea, ten que rematar de apañar as patacas para que a deixen ir á romaría. Alí quedou cos amigos para brincar, bailar e facer carreiras de sacos. Cara á tardiña, antes de que remate a festa, todos os rapaces buscan a avoa Tareixa para que lles conte lendas, lendas para perder o medo. Á velliña xa lle falla a memoria e é moi despistada, pero as historias que escoitou de nena, esas, non as esquece: lendas de mouras encantadas en fontes, historias de sacos que cantan e lendas que seguen mantendo aos nenos atentos, abraiados, coa boca aberta, escoitando cómplices. As lendas e os contos tradicionais non pasaron de moda; pola contra, están de plena actualidade, xa que a través deles se poden tratar temáticas moi presentes hoxe en día como son a violencia, a diversidade, o medio ambiente ou os hábitos saudables, entre outros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario