lunes, 15 de octubre de 2018

Sala gurugu presenta sexta edicion do festival internacional de titeres da coruña ext.Galicreques segunda semana 19,20, 21 de outubro



Sala gurugu presenta 
 sexta edicion do festival internacional de titeres da coruña ext.Galicreques 
do 13 de octubro ao 21 de outubro



Festival Internacional GALICREQUES 2018
Sala Gurugú – A Coruña


 programación segunda semana 



LA PAREJA (Venezuela)“Rapsodia de lujuria y cuernos”
- público xuvenil e adulto, a partir de 10 anos

Título do espectáculo: Rapsodia de lujuria y cuernos
Nome da compañía
La Pareja
Idades recomendadas: público xuvenil e adulto, a partir de 10 anos
Duración: 50 minutosTécnica: luvas
Idioma: castelán
Sinopse:
Cinco pezas breves compoñen o percorrido: “El Fantasma” y “El tío y la sobrina” de Javier Villafañe; “El astrólogo y la niña” de César López Ocón; “Los cuernos de don Friolera” de Valle-Inclán e “El Mago del sombrero negro” de Eduardo Di Mauro. En case todos os relatos aparece o tema dos celos produto de infidelidades. Estes diálogos en fino verso mostran unha pincelada de cada un dos mestres titiriteiros mencionados.

Sábado 20 de Outubro – 18:30 h

TRES TIGRES TEATRO (Arxentina)“De oficio... serenateros!”
- A partir de 4 anos

Título do espectáculo: De oficio... serenateros!
Nome da compañía
Tres Tigres Teatro
Idades recomendadas: a partir de 4 anos
Duración: 55 minutosTécnica: teatro e música
Idioma: castelán
Sinopse:
Dous serenateros chegan a cantar e contar as súas historias. Pícolo, desilusionado do oficio, quere retirarse, e Margarita tratará de convencelo do valor e a maxia que teñen as serenatas, facéndolle revivir a historia de amor do Afiador e a Costureira. Esta historia transcorre na feira de “Puerto Encantado”, un pobo que queda alén do mar. Pícolo e Margarita guiaranos coas súas cancións para que se atopen definitivamente.


Domingo 21 de Outubro – 12:30 h

ARLEQUÍN Y LOS JUGLARES (Colombia)“El árbol de sombreros” - A partir de 5 anos

Título do espectáculo: El árbol de sombreros
Nome da compañía
Arlequín y los juglares
Idades recomendadas: a partir de 5 anos
Duración: 60 minutosTécnica: actores, variña, luva e guiñol
Idioma: castelán
Sinopse:
Preto de “Pueblo Encantado” hai unha árbore que florece todas as primaveras. É un ben da comunidade e os campesiños reúnense ao redor del en romarías durante o tempo da colleita. Pero… Don Moneditas, que vive no seu castelo do “Bosque Encantado”, descobre as propiedades marabillosas da árbore e decide apropiarse dela, o que provocará inesperadas situacións…

No hay comentarios:

Publicar un comentario