lunes, 30 de octubre de 2017

Sala Gurugú presenta a Magín Blanco en Letras e notas 04-11-2017 as 18,30 05-11-2017 - as 12,30



presenta 
a

 Magín Blanco
en 
"Letras e notas"


04-11-2017   as  18,30

05-11-2017  -  as 12,30







Magín Blanco, creador de A nena e o grilo (OQO 2011), A nena e o grilo nun barquiño
(Fol música 2013) e outras composicións que forman parte de edicións como
María Fumaça (Ed. Galaxia 2012) ou Rosalía Pequeniña (Ed. Galaxia 2013) interpretará
en directo unha selección dos temas para público infantil que él mesmo compuxo
acompañados dunha narración.
O formato desta nova proposta será un contacontos musicado que axudará aos
nenos e nenas a estimular a súa creatividade e curiosidade polas letras e as palabras,
pola lingua, polos contos e a música para que poidan crear o seu propio
universo creativo.
Ao longo do ano 2017 Magín ten creado novas pezas musicais incluídas en traballos
editados pola Mesa pola normalización lingüística e que teñen como obxectivo
dotar ás nenas e nenos, profesorado e familias de ferramentas audiovisuais e
edicións coas que aprender o abecedario, os nomes das aves ou os dos peixes en
galego, estas pezas formarán parte do repertorio que Magín interpretará neste
novo espectáculo. Estas tres publicacións son O Abecedario, As Aves e Os peixes e
outra fauna mariña.



mais info ou reservas en salagurugu@gmail.com




No hay comentarios:

Publicar un comentario