domingo, 16 de abril de 2017

Sala Gurugú PRESENTA Os Monicreques de Kukas "Xan Perillán compra queixo, compra pan"22-04-2017 18,30 H. 23-04-2017 12,30 H.



Sala Gurugú 


PRESENTA 
a

Os Monicreques de Kukas 

"Xan Perillán compra queixo, compra pan"


22-04-2017  18,30 H.

23-04-2017 12,30 H.

Duración espectáculo: 45 minutos

Público familiar e nenos de 3 a 12 anos



Un espectáculo que mestura o clown e a pantomima coa maxia e os monicreques compaxinando o ocio e o divertimento coa educación no consumo responsable e nos hábitos de vida saudables e respectuosos co medio ambiente e a ecoloxía






Continuando coas súas andainas, nesta segunda entrega o amigo Xan Perillán vai a mercar ó Híper mega súper mercado “o Rato Colorado”… Mais o trasno do consumo irresponsable persígueo da aquí para acolá … ¿Mercara ben ou se deixara engaiolar polo consumismo, a publicidade enganosa e a comida lixo? Cun pouco de maxia, moitas risas e a axuda do seu leal e sensato loriño Ravachol conseguirá facer unha compra responsable, sostible e ecolóxica, mercando só o necesario, reducindo, re — utilizando, reciclando, e reflexionando. Espectáculo dirixido ó público familiar e nenos de 3 a 12 anos


http://www.kukas.redbiocultural.net/


No hay comentarios:

Publicar un comentario