martes, 28 de febrero de 2017

Sala Gurugú Presenta a Os Naufragos en "O Comenoites" Sábado 4 de Marzo ás 18,30 H. Domingo 5 de Marzo ás 12,30 H.

Sala Gurugú 

Presenta 

Os Naufr
agos
en 

"O Comenoites"

Sábado 4 de Marzo ás 18,30 H.
Domingo 5 de Marzo ás 12,30 H.

Público Infantil 2-5
Duración 33 min.







O Comenoites é un conto infantil, escrito e ilustrado por Ana Juan (Premio Nacional de Ilustración). Unha bonita historia coa que as nenas e nenos descubrirán o segredo de por que existen o día e a noite.
O Comenoites é un duende regordiño encantado de comer a noite para que o sol poida saír outra vez e traerlles luz, calor e color a todos. Un día, a lúa coméntalle que está demasiado gordo e o Comenoites deixa de comer. Cal é o problema? Pois que se o Comenoites non come a noite, o frío e a escuridade reinarán para sempre na terra e o sol non volverá a saír nunca.
 Volverá o Comenoites a comer algún día e entón volverá o sol?









Os naufragos é a nova compañía en Galicia do equipo de Sudhum Teatro de Madrid.
Nados en A Coruña, levamos traballando no territorio español dende fai 15 anos e agora estamos nun proceso de volta a terra.
A nosa estructura ten dúas patas, por un lado, a compañía para nenos que mantén a liña de teatro educativo e cercano para a infancia. 
por outro lado, a compañía para adultos onde o traballo do actor creador e a búsqueda de novas linguaxes son o motor da mesma.

  • reservas en salagurugu@gmail.com







No hay comentarios:

Publicar un comentario