martes, 11 de octubre de 2016

Sala Gurugú 15 e 16 de Octubre Xarope Tulú Contos de bruídos e miañares



Sala Gurugú

Presenta 
Xarope Tulú  

"Contos de bruídos e miañares"

15 ás 18,30  e 16 ás 12,30 de Octubre


Público Infantil 2 a 12 anos

Contan as avoas, sabedoras do murmurio, que as bestas muxían abondo, bruaban seguido e mesmo miañaban cando quedaban sen sentido. Rinchar non escoitaran, ruxir nunca ouviran porque naquel territorio poucas feras vivían. Sen embargo, miña tía, que fora viaxada dicía que de nova bruídos escoitara.

Entre sons e ruídos pasabamos a tarde. Contabamos historias e riamos de balde.


Xarope Tulú é unha compañía de recente creación adicada ás artes escénicas para pequenas e pequenos, que procura a estimulación nas primeiras etapas da vida a, onde a mente e o corpo están atentos e perceptivos a todo tipo de estímulos


Teatro / Outros
Duración 45 min
Público Infantil 2 a 12 anos

No hay comentarios:

Publicar un comentario