martes, 27 de septiembre de 2016

IV Festival Internacional de Titeres da Coruña programación del fin de semana del 30septiembre al 2 de Octubre


IV Festival Internacional de Titeres da Coruña
Extension-GALICREQUES 2016

SALA GURUGÚ – A CORUÑA

programación del fin de semana del 30 Septiembre al 2 de Octubre 

Victor Biau (México): “Telón de cielo”
Venres 30 setembro 19.00 h.


Titulo do espectáculo: Telón de cielo

Nome da compañía: Victor BiauIdades recomendadas: a partir de 3 anosDuración: 50 minutosTécnica: luvasIdioma: sen texto

Sinopse: "Telón de Cielo" está baseado en pantomimas e historias sen palabras do autor e titiriteiro Guaira Castilla. O tamén titiriteiro Víctor Biau pon en escena esta poética obra, que recupera a maxia dos bonecos de trapo. Historias de flores, de nenas, de malos, de bos, de durmidos, de soñadores





El Retablo de la Ventana (Arxentina): “El gato con botas”
Sábado 1 outubro 12,30 h

Título do espectáculo: El gato con botas

Nome da compañía: El Retablo de la VentanaIdades recomendadas: A partir de 3 anosDuración: 55 minutosTécnica: luva, boca, variñas, muppetIdioma: castelán
Sinopse: Esta recreación para monicreques do clásico infantil de Charles Perrault amósanos un gato que asume a responsabilidade de sacar da pobreza ao seu amo. O Gato quere cumprir un soño: vivir sen cazar ratos.





Alauda Teatro (Castilla y León): “The Puppet Circus”-
Sábado 1 outubro 18,30 h.





Título do espectáculo: The Puppet Circus
Nome da compañía: Alauda TeatroIdades recomendadas: todos os públicos; escolar: de 5 a 12 anos
Duración: 60 minutos
Técnica: marionetas de fíoIdioma: castelán

Sinopse: Con vostedes, o exótico Fakir da India: Ravi Ghiringh; Karina Kurisha, que nos demostrará a súa habilidade para o bel canto e a súa capacidade transformista; o Fada Betelgeuse; The Boston Sisters, as dúas belezas xemelgas americanas que nos farán gozar cos seus belos exercicios sobre o trapecio e o arame; a inquietante flor carnívora Gastrum Silvis; o cachorro adestrado Pincho e a terrible bailarina voadora Mantis Relixiosa. E como artista invitado, o funambulista Frango. Todo iso presentado polo noso incomparable director de Pista Mario Net.


Tres Tigres Teatro (Arxentina): “Los sueños de Trucas” -
Domingo 2 outubro 12,30


Título do espectáculo: Los sueños de Trucas

Nome da compañía: Tres Tigres TeatroIdades recomendadas: todos os públicosDuración: 45 minutosTécnica: luva e variñaIdioma: castelán

Sinopse: Unha avoa conta a historia dun pintor que viviu na súa casa cando ela era nova: Trucas, un artista plástico rueiro, que protagonizou unha loita entre os seus ideais e os seus medos. A posibilidade ou non de poder realizar a súa vocación, a súa obra, a súa arte.




Tres Tigres Teatro (Arxentina): “Serenatas Embichadas”
Domingo 2 outubro 18,30 h. 

Título do espectáculo: "Serenatas Embichadas"

Nome da compañía: Tres Tigres TeatroIdades recomendadas: todos os públicosDuración: 60 minutosTécnica: teatro musical
Idioma: castelán, musical
Sinopse: Pícolo e Margarita elixiron por oficio ser serenateros. Cantan historias que se entrecruzan co amor, a liberdade, os soños e coa esperanza de... que acaben todos os problemas, xogando á rolda de pan e canela. Unha posta que integra o teatro e a música a través de dous personaxes que co humor e o disparate convidan á familia para compartir un novo encontro.


Reservas en Salagurugu@gmai.com
info:616701099
precio 6€ entrada
Abono familiar 3 entradas 15 €


No hay comentarios:

Publicar un comentario