martes, 16 de diciembre de 2014

Sala Gurugu Presenta a Nelson Quinteiro en "Papiroflexias" 20 e 21 de Nadal


Sala Gurugu 

Presenta 
a
Nelson Quinteiro 
en 

PAPIROFLEXIAS. O Asteroide de papel!

Da man de Nelson Quinteiro  e inspirado no libro “O Principiño” de Antonie Saint-Exùpery chega “Papiroflexias”, unha montaxe de teatro musical infantil e con música ao vivo no que a conciencia ecolóxica, o teatro de obxectos, a danza con pinceladas de baile tradicional galego e a papiroflexia mestúranse nun espectáculo de 50 minutos de duracións  concebido para nenos e nenas de 5 a 12 anos no que as bolas, paxariñas, cañóns de confetti, avións de papel ou comecocos xigantes dan ritmo e narración a un relato  transfondo ecolóxico.
SIPNOSE:
Máis alá das estrelas... e onde os telescopios non dan chegado case a mirar existe un pequeno asteroide onde todo é de papel.
Os habitantes deste planeta dano en chamar PAPIROFLEXIAS, aínda que aquí, na Terra, é máis coñecido como Asteriode B 614.
O seus pequenos habitante, dous principiños chamados Julius e Augustus teñen un grande corazón, tamén de papel.
Guiados por unha bandada de grullas de papel percorren moitos planetas ata chegar ó planeta Terra, onde descubren que aqui, para facer papel hai que talar árbores. 
É entón que emprenderán unha viaxe por vilas, pobos e cidades co obxectivo de transmitir ós máis cativos unha importante mensaxe:
Aproveitar ó máximo o uso do papel, Reducir, Reciclar, Reutilizar, e o que é máis importante: XOGAR!

Obra/Espectáculo: PAPIROFLEXIAS!
Autor: Nelson Quinteiro - Koldobika Gomila
Dirección: Nelson Quinteiro - Ademar Silvoso
Escenografía: Nelson Quinteiro - Ademar Silvoso
Deseño iluminación: Nelson Quinteiro
Vestiario: Nelson Quinteiro - Ademar Silvoso
Coreografía: Nelson Quinteiro, Iván Villar e Ademar Silvoso
Espectáculo en lingua galega: Si
Outros idiomas: Castelán e Inglés
Elenco artístico: Ademar Silvoso (Julius) e Nelson Quinteiro (Augustus)

para nenos e nenas de 5 a 12 anos
Sábado 20 de decembro: A CORUÑA. Sala Gurugú. ESTREA  ás 18,30 Horas 
Domingo 21 de decembro: A CORUÑA. Sala Gurugú.ás 18,30 Horas




No hay comentarios:

Publicar un comentario