Sala Gurugu
Presenta
"Ghazafelhos"
"Contos para Escagarriñarse"
O Proximo Fin de semana dias 25 e 26 de Octubre ás 19:00 Horas
Os Ghazafelhos poñen a proba os esfínteres familiares coa esta proposta: "Contos para Escagarriñarse" Non, non é nada escatolóxico, Ghazafelhos representará tres historias de terror, misterio e loucura coas que os nosos pais, nais , avós, avoas, etc.. nos torturaron docemente durante a nosa infancia.
Pregamoslle ao público que acuda con papel... hixiénico....
Uns cómicos chegan á vila para amosar increibles historias de medo da nosa tradición popular;
A Santa Compaña, As Lavandeiras, Os mortos vivos e A Cabra Montesina!!!
Un espectáculo para interior ou exterior, un pequeno carromato como eixe da posta en escena, tres “cómicos”, unha cabra e a “necesaria” participación do público para 50m. de humor e repaso da nosa tradición popular
Espectaculo para todolos públicos
https://www.facebook.com/teatro.ghazafelhos?ref=ts
http://ghazafelhos.com/
No hay comentarios:
Publicar un comentario