lunes, 27 de noviembre de 2017

Sala Gurugu programación familiar en Nadal






 SAla Gurugú


Programación familiar en Nadal  




02-12-2017 Trinketrinke teatro - Rato canguro   18,30 h.
03-12-2017 Trinketrinke teatro - Rato canguro    12,30 h.

















Especial para bebes 

09-12-2017 KATARSIS, Educación e Teatro S.L. - PA CAMA      18,30 h.
10-12-2017 KATARSIS, Educación e Teatro S.L. - PA CAMA      12,30 h.




16-12-2017 Larei Lara- titeres Cachirulo -    Güe Güe     18,30 h.

17-12-2017 Larei Lara -                                   Güe Güe     12,30 h.






Funcion especial de Nadal 

23-12-2017

"O Apalpador "
de 
titeres Cachirulo






martes, 21 de noviembre de 2017

Sala Gurugu informa sábado 25 y domingo 26 de Noviembre .

a Sala Gurugú

 informa 

Que por enfermedad de uno de los integrantes de teatro do Miolo "Catro Tempos"  se suspende este fin de semana la funcion programada para el sábado 25 y domingo 26 de Noviembre .
Sentimos mucho la cancelación y anunciaros que el siguiente finde 2 y 3 de Nadal 

  vendran 

"Os Ratos de Lonxedetodo" 



martes, 14 de noviembre de 2017

Sala Gurugu Caxoto A trastenda dos contos "O Berce das Verbas" contos para bebes recomendado a partires de 18 meses sabado 18 as 18,30 h. domingo 19 as 12,30 h.




Caxoto 

A trastenda dos contos

"O Berce das Verbas"

contos para bebes 
recomendado a partires de 18 meses 

sabado 18 as 18,30 h.
domingo 19 as 12,30 h.
www.atrastendadoscontos.com




SINOPSE: O BERCE DAS VERBAS Neste espectáculo Caxoto Contacontos fai acopio dos seus mellores recursos habituais para estruturar unha sesión na que se compaxina a imaxe, a voz, a música en directo, a fantasía, ... Un espectáculo no que a partires da palabra se inundarán os nosos sentidos de sensacións, imaxes e emocións. Arredor dos cantos de berce iremos abordando historias e xogos nos que participar tanto o público infantil como os seus proxenitores. Historias de ratiños que se acubillan no colo da lúa, longas xuntanzas onde se decide quen será o rei (ou raíña) dos animais, a primeira vez que unha nena ve o mar e sinte as areas escorregar entre os seus dediños miúdos. Un paseo polos momentos previos ó sono e ós soños que rematará nun tenro canto de berce colectivo ó son do bambeo das olas do mar.


reservas e info :salagurugu@gmail.com
616701099

bono familiar 15 €
entradas 6 €

viernes, 10 de noviembre de 2017

Judy Garland Festival Escena Muller 17 y 24 -noviembre 01de diciembre 21.00 h.

SALA GURUGÚ 

 PRESENTA 

NO MARCO DO “FESTIVAL ESCENA MULLER

AAntena Teatro 

Judy Garland

17 y 24 -noviembre 01de diciembre 

21.00 h.





 Con motivo dun mes feminino (o 25 de Novembro é internacionalmente o día contra a violencia de xénero). A Sala Gururgú confía no creador coruñés Xosé Leis para levar a cabo unha proposta habitual nas grandes urbes, manter un espectáculo programado cunha temática social de actualidade durante todo un mes de concienciación.

Os VENRES 17 e 24 de NOVEMBRO e o 1 de DECEMBRO porase en escena este espectáculo dirixido por XOSE LEIS

ONDE

Na SALA GURUGÚ (Agra do Orzán 3, A Coruña)

SINOPSE

Todos somos Judy. Judy Garland pasou pola vida buscando un motivo para pasar pola vida. É un deporte perigoso. Buscar un motivo para vivir é un deporte de alto risco. Un pode chegar á conclusión de que a vida non ten sentido.

Todos somos Judy. Todos buscamos sermos queridos. Achegámonos á persoa equivocada, alonxámonos da persoa qe nos puido amar, asasinamos a esperanza da verdade. Todos desexamos o ben para os demais, pensamos que a nosa viaxe polo mundo é unha viaxe especial. Todos quixemos bicar as estrelas, Todos quixemos algunha vez ser unha estrela

Todos somos Judy Garland, por iso, faremos unha viaxe a carón de Judy, aferrandonos forte da súa man dereita, sentindo a suor fria que brota antes do espectáculo. Judy só falará un intre. Prégase silenzo para a súa actuación estelar. Mentres tanto camiñaremos a súa deriva polas baldosas amarelas, sen apartar a mirada da súa figura. Je suis Judy

O 22 de xuño de 1969 é o día do pasamento de Judy Garland. Icona gay na que se reflectía a nosa protagonista homenaxeando e imitando todos os seus movementos e comportamentos.

A noite do 28 de xuño de 1969 a policía irrumpe en redada no “Stonewall Inn” un bar gay de Greenwich Village.

Aquela noite estaban a velar o deceso da súa musa Judy Garland.

A resistencia ofrecida polos clientes do local fronte da irrupción policial supón o punto de partida na loita dos homosexuais para que a sociedadde e as leis recoñeceran os seu dereitos.

Over the Rainbow hai un lugar sen conflitos, un lugar lonxe onde non podes chegar en tren ou en barco. Detrás da lúa, alén do arco da vella


  NOTA DE PRENSA JUDY GARLAND (OVER THE RAINBOW) na SALA GURUGU NOVEMBRO 2017 ESPECTACULO

Unha sorte de biopic onde a fragmentación do acontecemento, a presentación de personaxes relevantes na vida de Judy, amosados só nese intre en que acompañaron a evolución da actriz, levanos a un lugar de teatro alternativo onde a actriz executa unha tour de force para levarnos a entender a alma do personaxe homenaxeado. Mesturado coa narración histórica dun feito como o inicio das revoltas de Stonewall que acabaron por ser escollidas como o dia de celebración do “gaypride” a chamada de atención sobre os dereitos do colectivo LGTBQ. Unha posta en escena estilizada onde todo o público pode sentirse identificado co que viviu a Dorothy do Mago de Oz.

Un “one (wo)man show” que amosa a versatilidade e capacidades de Isabel de Toro

Un salón, un cabaré, a rúa...todos os espazos posibles para narrar a vida de Judy aparecen neste lugar limpo e onírico que só mediante o uso de iluminación e pequenos mobiliarios será transformado en cada sitio.

Unha proposta que baila entre a documentación historica, o musical homenaxe e a presentación da humanidade dun personaxe sometido pola sociedade a vivir nun lugar que soña un novo mundo onde as súas diferenzas sexan consideradas como normalidade. Un lugar alén do arco da vella onde todos sexamos de todas as cores e vivamos en armonía e felicidade.

Un equipo de creadores coruñeses pónse dacordo, coa mediación de Xosé Leis, para estrear en Galicia un texto creado por Ozkar Galán coa aspiración de converterse nun fito teatral sendo creado á vez por tres grupos de creadores diferentes , sendo o experimental da proposta así como da creación o acento de interés da mesma.

OVER THE RAINBOW é un proxecto plurinacional configurado polo autor Ozkar Galán.

A proposta consiste en levar a cabo a encenazón de diferentes propostas sobre un mesmo texto levadas a cabo por diferentes creadores en diferentes idiomas nun periodo de estrea o máis axustado posible (menos dun ano).

A primeira proposta é a proposta galega a cargo de Xosé Leis e con Isabel de Toro. Unha proposta en galego con artista galegos.

Unha proposta en castelán dirixida por Gorka Martín e interpretado por Armando Buika.

A terceira proposta que alumeará será proposta grega , a cargo de Styl Rodarelis. Unha version grega e en grego.


  NOTA DE PRENSA JUDY GARLAND (OVER THE RAINBOW) na SALA GURUGU NOVEMBRO 2017 CREADORES

XOSÉ LEIS, Director . Formado con mestres da valía de John Strasberg, John Wright,

Carlo Boso, Alfredo Rodríguez, xa só busca facer que a realidade sexa vista como

verdade. Con máis de vinte anos dirixindo explora nesta peza os cambios de personaxe diante espectador.

OZKAR GALÁN, Autor. Licenciado en Dramaturxia pola RESAD e creador de máis de trinta textos. Autor de corte realista usando moitas veces personaxes reais sobre os que fabular historias inventadas. Ten en cartel “Edith Piaf , taxidermia de un gorrión”

ISABEL DE TORO, Actriz. Con longa traxectoria en teatro e audiovisual , aprendida de mestres coma Leonid Robermn, Jaroslaw Bielski, Ernesto Caballero, John Wright, Mar Navarro... Camiñando entre comedia e drama en compañias teatrais coma Espello Cóncavo, Dequenquén, Teatro Andamio. Sendo recoñecible o seu traballo en longametraxes multipremiados coma “El Desenlace” de Juan Pinzás, "Mucha Sangre" de Pepe de las Heras, ou series de éxito como “Mareas Vivas”, "Rías Baixas", "Nada es para siempre"...


miércoles, 8 de noviembre de 2017

Sala Gurugu presenta aos ratos de lonxedetodo con Asociación de Animais Solidarios" sábado 11 de noviembre 18,30 h: Domingo 12 de noviembre as 12,30 h.


presenta aos

Ratos de Lonxedetodo con


Asociación de Animais Solidarios"


sábado 11 de noviembre 18,30 h:
Domingo 12 de noviembre as 12,30 h.

Sinopse:

O rato Fuco está traballando na a oficina da Asociación de Animais Solidarios. Pronto comeza a recibir chamadas de animais que procuran axuda para resolver variados problemas.








info y reservas :salagurugu@gmail.com 

mais info 616701099