Sala Gurugu
Presenta a Títeres Cachirulo os días
sábado 5 as 18,30
domingo 6 as 12,30
Títeres
Cachirulo
Creada
en 1985 Cachirulo caracterízase por unha rica produción de espectáculos que
combina textos clásicos con autorías propias dunha gran variedade técnica:
marionetas de fío, luva chinesa, bunraku, monicreque, sombras, obxectos e
teatro de rúa.
Máis
de trinta montaxes que percorreron os escenarios de numerosas programacións e
festivais internacionais de Europa e América obtendo importantes premios.
A Historia do Apalpador
O
Apalpador é un personaxe da tradición popular galega nado no Courel. Está
ligado ás festas do Nadal e gústalle compartir connosco estes bonitos días. É
un pastor mangallón e bo, de mirada doce e longas barbas coloradas que, co seu
abrigo cheo de remendos e a grandes zancadas, percorre Galicia enteira.
Durante
o ano fabrica carbón, vive dos froitos silvestres, caza xabarís, recolle mel e
fai aparecer, coas pólas dos bosques e fragas, os xoguetes que as madeiras
agochan. En decembro baixa aos pobos, visita aos nenos casa por casa e
déixalles como obsequio castañas quentes e divertidos agasallos de madeira.
sala Gurugu
presenta a
Caramuxo teatro
Luns 7 de Nadal as 17,30 y 18,30
Martes 8 de Nadal as 12,30 y 17,30
"Espectaculo para Bebes"
Caramuxo teatro
Caramuxo teatro
Caramuxo
Teatro é unha compañía de Teatro Infantil e familiar nada na
Coruña no 2003 formada por Juan Rodríguez e Laura
Sarasola.
No
2005 estrean Glub, Glub, o que foi no seu momento o primeiro espectáculo de
teatro para bebés producido en Galicia. Actualmente, ademáis de traballar nunha
liña específica para bebés, co espectáculo “Zapatos” ( recomendado na Red
Nacional de Teatros e con mención
especial do Xurado no 26 Festival internacional de
títeres Vall d'al Baída) ten en carteleira espectáculos para
o público infantil e familiar.
Dende
os inicios misturan diferentes técnicas, teatro de actor, títeres, danza..
producindo espectáculos como “Mensaxe sen botella” ,” Historia dunha
semente”, “ Lazarillo", "Animaliños", "Os
Bolechas", entre outros.
A
liña de traballo céntrase nuns textos elaborados a partir da
nosa experiencia no eido educativo, unha estética coidada e
unha escolla musical axeitada de modo que o resultado
sexa un traballo poético emotivo e visual para disfrutar en
familia .
Cierre de espectáculo na sala Gurugu
Glub Glub
Caramuxo
teatro presenta o que foi o primeiro espectáculo de teatro para bebés realizado
en Galicia.
O
xove mariñeiro perdeu o pequeno barco de papel...
¿Onde
estará? ¿Nesta caixa? ¿Nesta cesta? ¿Ou quixais naquel baúl?
Glub,
glub conta a historia da amizade entre un barquiño de papel afundido no fondo
do mar e un peixe xoguetón.
Unha
montaxe chea de estímulos e cunha linguaxe sinxela, case xestual qye introduce
ós máis novos nunha aventura fantástica e sorprendente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario