a Sala Gurugú
presenta
a Trinke.trinke Teatro
“Os Ratos de Lonxedetodo”
Trinke Trinke “Os ratos de lonxedetodo” Riciños de Ouro e os tres Osos”
Data 28-11-2015 ás 18.30h
Data 29-11-2015 ás 12,30 h.
Edad : A Partir de 3 Años
Fuco é un rato de Biblioteca coñecido por moitas xeracións de nenos coruñeses, que compartiron con el tardes e mais tardes de contos nas Bibliotecas Municipais coruñesas desde 1994 ata abril do 2015.
O teatro como estratexia educativa. Os Ratos da Biblioteca naceron na Coruña en 1991,co gallo do V Salón do Libro Infantil e Xuvenil, da mente creadora dun grupo formado por xóvenes mestras e actores. Estes simpáticos personaxes comezaron a percorrer as Bibliotecas e Escolas de Galicia, intentando contaxiar o seu gusto pola literatura aos nenos e ás súas familias. Arredor de 5.000 actuacións en 24 anos e máis de 300.000 espectadores cun elenco de “ratos” entre os que se atoparon actores e actrices da popularidade de Xosé A. Touriñán, Pablo Sánchez “Pablísimo”, María Torres, Isa Risco, Juanillo Esteban, Maruxa Arias, David Pernas e Vanessa Rivas.
Os Ratos de Lonxedetodo inician o 24 e 25 de outubro unha nova etapa na Sala Gurugú do populoso barrio da Agra do Orzán. O rato Fuco e a súa gran amiga Lilí Gruyére presentarán o contacontos teatral “Poderes Hipnóticos”. Unha fin de semana ao mes, os ratos de Lonxedetodo seguirán visitando A Coruña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario