Sala Gurugu
Presenta
programación familiar especial de "Nadal dos Meniños"
Xarope
Tulú
A miña primeira viaxe
A miña primeira viaxe é a historia do comezo, do nacemento
da vida. Un neno viaxa dentro da súa cápsula por un universo descoñecido. Non
sabe cara onde vai, nin quen é. Pero non ten medo se sinte o TUM-TUM dos
motores.
Unha vella maleta transformada nunha caixa de luz focaliza a
mirada do que observa. Unha actriz que conta e canta un relato de procura da
propia identidade, e un músico que dialoga coa linguaxe onírica do propio
relato; son as pezas fundamentais desta viaxe, da primeira de tódalas viaxes.
Esta peza teatral é unha adaptación do libro, do mesmo
título, escrito por Paloma Sánchez Ibarzábal e publicado por OQO editora en
febreiro de 2012.
Ghazafelhos
O País dos Mandóns
Duración 45 min
Público Infantil Público familiar + 4-5
Sinopse:
Pepino, Pepone e Pepuccia camiñan
polo mundo debuxando no seu mapa os lugares por onde pasan. Estiveron en
moitísimos países; o país das chuches, o país da música, o país das cores... e
no país dos Mandóns... O seu paso por este país, coincidiu cun gran
cambio.
Grazas a Clara, este lugar feo e
triste, converteuse nun lugar bonito e feliz. Dende entón coñécese como O país
da Igualdade.
Ghazafelhos adapta nunha obra de
teatro tres contos da colección A Igualdade Conta de Edicións Embora.
Recreando unha das personaxes
imaxinarias, fálanno de Flora e o seu secreto, da furna dos desexos e do País
dos Mandóns; contos que nos convidan a sentirnos iguais dende as nosas
diferencias.
CARAMUXO TEATRO
FEO!
( INSPIRADO EN " O PARRULO FEO"
Duración 35 min
Público Infantil Público familiar
Horario :18.00 y 19.00
Data :2 de Xaneiro
Data :2 de Xaneiro
·
CARAMUXO TEATRO PRESENTA "FEO" UN ESPECTÁCULO DE PEQUENO
FORMATO INSPIRADO EN "O PARRULO FEO" DE HANS CHRISTIAN ANDERSEN.
·
A PEQUENA FÁBRICA DE PARRULOS DE GOMA PRODUCE TÓDOLOS DÍAS CENTOS
E CENTOS DE PARRULOS DO MESMO TAMAÑO E COR, MAIS UN DÍA SAE UN PARRULO
DIFERENTE...
·
FEO! É UN CANTO Á DIVERSIDADE E Á ESENCIA DE UN MESMO, UNHA
COMEDIA PARA TODA A FAMILIA.
Títeres Cachirulo
A Historia do Apalpador
Duración 50 min
Público Infantil Público familiar
Horario : as 18,00
Data :lunes 4 de enero
Data :lunes 4 de enero
O Apalpador é un
personaxe da tradición popular galega nado no Courel. Está ligado ás festas do
Nadal e gústalle compartir connosco estes bonitos días. É un pastor mangallón e
bo, de mirada doce e longas barbas coloradas que, co seu abrigo cheo de
remendos e a grandes zancadas, percorre Galicia enteira.
Durante o ano
fabrica carbón, vive dos froitos silvestres, caza xabarís, recolle mel e fai
aparecer, coas pólas dos bosques e fragas, os xoguetes que as madeiras agochan.
En decembro baixa aos pobos, visita aos nenos casa por casa e déixalles como
obsequio castañas quentes e divertidos agasallos de madeira.
Espectáculo
dirixido ó público familiar e infantil, a partires de 3 / 4 anos que mestura o
clown e a pantomima coa maxia e a manipulación de títeres.
No hay comentarios:
Publicar un comentario