Sala Gurugú
Títeres Tanxarina
presenta:
" TITIRICIRCUS"
Domingo 26 as 19.00
despois de máis de 900 representacións desta obra. O libro conmemorativo do 25 aniversario de TITIRICIRCUS, a obra de teatro de monicreques máis representada en toda Galiza, é unha homenaxe ao circo, que fixo vibrar a xeracións de nenos e nenas con personaxes e destrezas inimitables. Tanxarina dálle continuidade a ese mundo de soños coas funcións coas que viaxa de vila en vila.
Trátase dunha lembranza fantástica e festiva do grande circo
de carpa alta e bicolor: a historia de dous vellos
traballadores daquel circo que
lembran agora con marionetas de fíos as glorias do seu
pasado na pista.
Nun permanent
e xogo participativo co público, van aparecendo os números
máis
importantes daquel vello circo xa desaparecido: o home máis
forte da Península
Ibérica, o malabarista máis divertido e bailadeiro do
mundo....
O billete custa 5 €. O abono familiar (3 billetes) 12€. Tod@s @s que o desexen poderán levar o libro editado por KalandraKa asinado polos autores.
A obra está dirixida a nen@s a partir dos 3 anos.(edade recomendada pola Cia.)
Reservas no 616701099
Unha boa tarde!!!
ResponderEliminar