Sala Gurugú
presenta a:
"Pequena"
de
Talia Teatro
Interpretada por :
Marta RIOS
SOBRE UN CONTO DE:
PAULA CARBALLEIRA
Sabado 11 as 19.00 horas
María Catalina Rosario Nadiña Pequena, Macarrona para os seus irmáns,
Nadina Pequena
para a maior parte da xente, é, coma o seu nome indica, pequena.
Hai pequenas que son xigantes, como Barbadac, a ogresa, filla do
ogro que gardaba o tesouro das botas de sete leguas ata a chegada de Polegariño.
Barbadac escolleu non gardar tesouros, senón compartilos, como Petipuá, a pulga
artista, que quixo levar o seu
espectáculo a todas as partes do mundo, incluída a Illa dos
Salvaxes, e demostrou que non hai límites nin fronteiras para conseguir o que
desexas, nin aínda sendo pequeña coma unha pulga. E hai pequenas cunha
imaxinación grande, como Nadiña, que é quen nos conta as historias de Barbadac
e de Petipuá, quen nolas representa con bailes, con cancións, con alegría e
cunha forza enorme. Hai grandes pequenas e grandes pequenos, tan grandes que
poden cambiar o mundo ao seu xeito.
Un espectáculo para descubrir o grande que pode ser alguén pequeno
e o pequeñas que poden chegar a ser as grandes cousas, que case non ocupan
espazo.
un espectáculo para
“pequenos” e “pequenas”
(edades recomendadas: de 4 a 10 anos)
Cuota de Actividade 5€
No hay comentarios:
Publicar un comentario