miércoles, 1 de marzo de 2023

Sala Gurugú Presenta a Titeres Cachirulo en Jurasico Perdido domingo 12Sala Gurugú presenta titeres Cachirulo na estrea de " O tesouro escondido " Marzo ás 18,30 Presenta RAFAEL REY “PAPI FACEBOOK, A ERA DO LIKE” 25 18.00h. 26 12.30 h. y 19,00h.

Sala Gurugú

presenta 

titeres Cachirulo 

na estrea de 

" O tesouro escondido "

 18 18.00 h. 19 as 12,30 e 18.00 h. 

21 y 22 ás 12.00 escolares

 

“O TESOURO ESQUECIDO”

 

 

“O tesouro esquecido” é un espectáculo dirixido a todos os públicos, que narra as extraordinarias aventuras que lle ocorren a Vitor cando, buscando un vello videoxogo para sacar uns cartos, atopa no fallado da casa un misterioso libro de maxia negra: “O Ciprianillo” que vai transformar a súa idea do que é un tesouro. A súa vida comenzará a xirar arredor desa idea-visión dun futuro de riquezas fortuítas, levándoo polos intricados camiños da escuridade.

Vitor aspira a ter unha vida fantástica como a que parece ser que viven centos de triunfadores nas redes sociais, vivindo nun luxo inexplicable, e sen traballo duro nin esforzo. E selará un pauto co Diaño Negro para conseguir ese futuro soñado.

 

 

Técnica: Monicreques

Duración: 55 minutos

Público: A partir de 5 anos

 
 

Sala Gurugú 

Presenta 

RAFAEL REY

“PAPI FACEBOOK, A ERA DO LIKE”

 25 18.00h. 26 12.30 h. y 19,00h.

estrea

28 29 30 ás 12.00 escolares

“As persoas sodes coma cativos,

e os cativos necesitades un papi que vos coide,

que vos ensine.

Por sorte, agora tédesme a min: a Papi Facebook.

Eu son o rei das aparencias, o que coida o teu perfil,

eu son a droga máis pura para facerte feliz.”

 

Coñeces a PAPI FACEBOOK? Non? Que raro, porque seguramente sexas un dese 50% da poboación que pasa máis de tres horas diarias nas redes sociais. Ou quizais non, quen sabe, quen controla o teu tempo e analiza hábitos? Eu non.

Pero tranquil@, esta noite valo coñecer. Porque Papi Facebook quere falar con nós, saír da pantalla e por unha vez, verte cara a cara. E con el, por suposto, trae a toda a tropa: O preocupado e neurótico Wasap, o lascivo coello-ladilla de Tinder, o altamente irritable e colérico Tuiter, o narciso Instagram xunto co seu enerxético e instantáneo rival TikTok, entre outros.

 

 

Xénero: Sátira

Formato: Monicreques, máscara e teatro físico

Duración: 1 hora

Público: + 15 años


 

 

 

Sala Gurugú 

Presenta 

 a 

Titeres Cachirulo 

en 

Jurasico  Perdido

domingo 12 Marzo  ás  18,30

 

El famoso arqueólogo Florentino Amechuino descubre a Dino, un dinosaurio del Jurásico muy peculiar que se mantuvo oculto a los ojos del mundo a través de un curioso dispositivo evolutivo antropológico.

Ante el asombro de Florentino, Dino revive y lo transporta a un mundo fascinante.

Manipulador: Jorge Rey

video:

 video promo

https://www.youtube.com/watch?reload=9&v=1vq_qqLS7Kc 

 

 https://www.youtube.com/watch?v=1vq_qqLS7Kc

 

domingo, 26 de febrero de 2023

Sala Gurugú presenta a Stracciatella teatro o Refuxiado Na direcion Jose Prieto dias 17 .24 y 31Marzo publico ás 20.30h

Sala Gurugú

 presenta a 

Stracciatella teatro


 o Refuxiado 

Na direcion Jose Prieto

días 17 .24 y 31Marzo  publico  ás 20.30h.

escolares 12,00h.


 
 
Teaser
 
 

  sipnose 

 Un político ambicioso, sen escrúpulos nin cultura, acepta o consello do seu audaz xefe de gabinete para solucionar un inminente proceso por corrupción: acoller un refuxiado na casa. En lugar dun presunto delincuente, será un home con conciencia. A esposa e a filla do político, vórtices nun fogar convulso, xogarán tamén un papel ante a opinión pública. A solidariedade, a traxedia, a crueldade e a miseria, convértense en vimbios cos que fabricar unha balsa na que fuxir da propia pobreza moral. Unha balsa ou unha sog

domingo, 1 de enero de 2023

programacion 2 Sala Gurugu Presenta Teatro escena / Larei Lara Gue Gue teatro de titeres para bebes e aantena en PAco Pena 3 10 17 24 de febrero ás 20.00 h.

 

 

Sala Gurugu 
 
Presenta   Teatro escena  / Larei Lara  
 Gue Gue
 teatro de titeres para bebes
 

xaneiro

  Sábado 07  ás 18.00 Domingo 08 ás 18.00h.

 

 

  

 

En esta noche de luna llena vamos a descubrir qué es un güe-güe, y para eso tenemos que encontrar algo pequeño que esté durmiendo.
                      
        .
edad recomendada a partir dun ano 

info salagurugu@gmail.com
 
 
 
Sala Gurugu 
 
presenta 
 
 aantena 
 
en 
PAco Pena 
 
 
3 10 17 24 de febrero  ás 20.00 h.
 
 

 
 

PACO PENA de 57 anos sofre alzheimer e percorre o seu barrio. Un Ciudadano Kane da Agra do Orzán.

PACO PENA é un proxecto escénico onde un actor creador como Xosé Leis afonda na súa memoria (individual e social) para amosarnos a vida da urbe dende o rural, a destrucción da memoria (e a súa perda tanto dos recordos reais como das falsas lembranzas). Amosará como o propio individuo na súa deriva expón o camiño social da súa contorna.

Un traballo de autoexploración e investigación social coa misión de expór, aos nosos ollos, como foi o noso pasado recente.

PACO PENA trata da historia dun home que vai perdendo a súa identidade dentro da urbe. A chegada da morte coa destrucción das lembranzas .Unha viaxe polo barrio da Agra, dende a súa construcción. Os soños de mellora procedente da comarca de Bergantiños. O crecemento extremo sen control. O contraste entre o campo e a urbe.

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

 

miércoles, 14 de diciembre de 2022

SALA GURUGU PRESENTA TEATRO DO NOROESTE CO ESPECTACULO FAMILIAR "FEIRANTES " DO 27 AO 30 DE NADAL ÁS 18,30

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 SALA GURUGÚ
 
 PRESENTA A 
 
TEATRO DO NOROESTE 
 
EN 
FEIRANTES  
 
27,28,29,30 DE NADAL  
ÁS 18,30
 
 
  
 
 

TÍTULO: FEIRANTES AUTOR: Álvaro Cunqueiro. Adaptación teatral: Eduardo Alonso Realismo máxico galego en todo o seu esplendor. 

REPARTO: Imma António (01.- Actriz.) · 

Equipo Taetro (02.- Escenografía e indumentaria.) · Chefa Alonso (03.- 

Composición musical.) ·

 César Seijas (04.- Fotografía.) ·

 Eva Alonso (05.- Produción.) · 

Eduardo Alonso (06.-

 Deseño de iluminación e dirección.)

 


 

 RESUMO: “FEIRANTES” 

vIDEO ESPECTACULO :

https://youtu.be/7ei4VeeXd0k  

É un espectáculo teatral baseado nas narracións de Álvaro Cunqueiro recollidas no seu libro “OS OUTROS FEIRANTES”. Como se sabe, nestas narracións aparecen reflectidas as andainas de diversas e curiosas personaxes: aquel que falaba co seu cabalo; o outro ó que lle falaban as cousas: as cadeiras, as zocas, a culler, o seu propio estómago; aquela voadora de Serantes que voaba sentada nunha banqueta; aquel Tristán García que morreu de tristura porque non atopou a súa Isolda; aquel Novagildo Andión que recorría as feiras co seu autobús, transportando persoas e animais, que nalgúns casos ven sendo o mesmo; ou aquel que tiña un ollo de cristal, que como o oculista non tiña outro deulle un de segunda man cor violeta, que fora un encargo dunha viúva que morreu antes de disfrutalo, e tódalas mozas querían ter fillos con el para ver se herdaban esa fermosa cor de ollos; ou aquela Anxeliña de Prado que naceu anana, pero cunha habilidade, bordar panos con lendas para os velorios: “¡Adeus, padriños queridos!”, “¡Agárdovos a todos no ceo!”, “¡Deica volta, compañeiros!”, e cousas así. Todas estas tenras, máxicas e líricas personaxes aparecen reflectidas en “Feirantes” a través dun fío conductor, dun nexo común que as interrelaciona, e este nexo non podía ser outro, na vida dunhas personaxes tan fondamente galegas, que unha vaca, o animal totémico da cultura rural galega. Unha vaca, pois, pasa de man en man, de dono en dono, de feira en feira, e acompañándoa no seu recorrido vital tomamos coñecemento das andainas destas personaxes tan próximas á realidade máxica que caracteriza á cultura galega. Pero os días están contados para estas personaxes, para este fermoso animal. Ós poucos, todo o que significan vaise derrubando. As súas vidas perden o sentido que alentou nelas e, desorientados, atopan caladamente a súa fin. E no último intre pregúntanse a si mesmas cal foi o motivo, cal foi a razón que as levou a esa situación sen saída onde se atopan: ¿Quizais o seu xeito de ser?. ¿Será que a súa innata mansedume, o seu natural conforme levounas paseniño ata a súa fin? Un espectáculo sinxelo, feito desde o sorriso, desde a delicadeza, desde o amor, que procura buscar a relación directa, limpa, sen trampas, co espectador de hoxe e con tódolos públicos, e que inicia unha nova liña de traballo para Teatro do Noroeste, na adaptación de textos narrativos ó teatro, eses textos que expresan a esencia da nosa cultura. Un espectáculo homenaxe á vaca e ás estrañas e curiosas personaxes que aínda habitan moitos pobos de Galicia e tamén, porque non dicilo, un espectáculo homenaxe a Álvaro Cunqueiro.

lunes, 12 de diciembre de 2022

sala gurugu presenta O APALPADOR E O LADRON DE XOGETES de Titers Cachirulo 24 de Nadal ás 12,00

SALA GURUGU
 
 PRESENTA A
 
 TITERES CACHIRULO 
 

El Apalpador contra el ladrón de juguetes

Especial Nadal Espectáculos

 
23  24 DE NADAL ÁS 12,30

ESPECTÁCULO NAVIDEÑO

A partir de 3 años – 50 minutos

El Apalpador viene a visitarnos en compañía de todos sus amigos, con una nueva y divertida aventura!
El ladrón Pasmón roba todo lo que puede y ahora anda tras los juguetes de los niños y niñas del Courel… ¿quién lo impedirá?

Conoce esta trepidante continuación del espectáculo navideño

«La historia del Apalpador»

Descargar cartel: El Apalpador contra el ladrón de juguetes

El espectáculo tiene unos juguetes de papel para pasar un buen rato con el Apalpador y sus amiguitos.

Aquí puedes descargar 3 Juguetes de Papel: Divirtete facendo xoguetes de papel co Apalpador

Más juguetes de papel disponibles en el cuaderno completo «Divírtete facendo xoguetes de papel co Apalpador». Consultar precio de venta. http://brincadeiraedicions.wordpress.com/

martes, 1 de noviembre de 2022

programacion 1 sala gurugu presenta programación de Novembro 2022

 sala gurugu presenta 

programación de Novembro

aantena 

sandwich

dias 4,11,18,25 ás 20,00 h.

 Sala Gurugú
presenta 
aantena produccions
 y 
Jose Leis
 
 


O encontro consiste na representación de escenas das investigadas xunto ao dramaturgo Xabier Muñiz , durante a residencia artística na Sala Gurugú durante o mes de Novembro e Decembro (contando cos actores Victoria Perez e Manu Fernandez) .  

Tras dun proceso arrancado de creación do proxecto transmedia Allea,  que xa estrenou o seu primeiro episodio ("Sandwich") e agora está a desenvolver o segundo capítulo e resto de formatos. 

Allea como proposta transmedia incluindo creación en vídeo,  ficción sonora, unipersonal escénico e posta en escena contemporánea,  é o proxecto beneficiario de axuda á creación por parte do Concello da Coruña.

SANDWICH,  o primeiro capítulo do proxecto foi beneficiario de residencia artística por parte de AGADIC en Sala Gurugu. 

Este mes de novembro  presentarase o espectaculo  así como se abrirá faladoiro de reflexión e aporte coa audiencia, tanto en vivo como nos chat das rrss propias.

 

 Títeres Cachirulo 

 presenta a

Blanca e Os sete 

26 18.00   y 27   e as 11.00 de nov.

SALA GURUGU 

PRESENTA A 

Titeres Larei Larai 


  "BRANCANEVES E OS 7"

 Domingo 19 de Novi.  ás 12,30 h. e ás 18.00h. 






 

 Sinopse:

Recreación da historia de Brancaneves con teatro e marionetas de mesa talladas en madeira.

A historia desenvólvese ao redor dunha gran lareira na que un vello rei lembra as aventuras da súa pequena filla Brancaneves e os encontros que ela tivo cos misteriosos sete personaxes do bosque.

Idades recomendadas: a partir de 3 anos

Duración: 50 minutos

Técnica: marionetas de mesa e actor






martes, 18 de octubre de 2022

sala gurugu cierra la seción Internacional del Festival internacional de Titeres ext Galicreques con la compañia TRES TIGRES TEATRO (Arxentina): “Los sueños de Trucas” Domingo 23 de Octubre a las 12,30 h.


 


Título do espectáculo: Los sueños de Trucas 

Nome da compañía: Tres Tigres Teatro 

Idades recomendadas: Todos os públicos 

 Duración: 45 minutos Técnica: luva e variña

 Idioma: castelán 

 Sinopse: Unha avoa conta a historia dun pintor que viviu na súa casa cando ela era nova: Trucas, un artista plástico rueiro, que protagonizou unha loita entre os seus ideais e os seus medos. A posibilidade ou non de poder realizar a súa vocación, a súa obra, a súa arte. 

ver avance :

 https://www.youtube.com/watch?v=JiywtqRvkDU