xaneiro
PACO PENA de 57 anos sofre alzheimer e percorre o seu barrio. Un Ciudadano Kane da Agra do Orzán.
PACO PENA é un proxecto escénico onde un actor creador como Xosé Leis afonda na súa memoria (individual e social) para amosarnos a vida da urbe dende o rural, a destrucción da memoria (e a súa perda tanto dos recordos reais como das falsas lembranzas). Amosará como o propio individuo na súa deriva expón o camiño social da súa contorna.
Un traballo de autoexploración e investigación social coa misión de expór, aos nosos ollos, como foi o noso pasado recente.
PACO PENA trata da historia dun home que vai perdendo a súa identidade dentro da urbe. A chegada da morte coa destrucción das lembranzas .Unha viaxe polo barrio da Agra, dende a súa construcción. Os soños de mellora procedente da comarca de Bergantiños. O crecemento extremo sen control. O contraste entre o campo e a urbe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario